Documento
XVI Certame de pintura infantil

O Concello de Negreira promove na súa décimo sexta edición, o Certame de pintura infantil “Negreira en cor”, no que poderán concorrer mozos e mozas de entre 4 e 18 anos de idade, en catro categorías: de 4 a 7 anos; de 8 a 11; de 12 a 14 e de 15 a 18 anos.
A temática será libre, con liberdade de estilos e medios, pero non premiados noutros concursos. Para a súa presentación haberá liberdade de soportes e tamaños.
O prazo de presentación de traballos ábrese o 22 de marzo até o día 30 de abril, na Delegación de Cultura (Casa da Cultura – 1ª planta 15830 Negreira). Cada orixinal debe levar o formulario de inscrición cuberto.
Máis información: 676 454 879 ou no enderezo: marcos.perez@concellodenegreira.gal