Visita da Oficina Móbil Retorno
O vindeiro 24 de marzo a Oficina Móbil Retorno da Xunta de Galicia desprazarase ao Concello de Negreira para ofrecer atención presencial ás persoas emigrantes retornadas e ás súas familias.
A atención terá lugar na Praza do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, no marco dunha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea que busca facilitar información e asesoramento técnico para favorecer a integración sociolaboral das persoas que regresan a Galicia.
Durante a xornada, persoal especializado prestará atención individualizada sobre os programas da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, abordando cuestións como trámites administrativos, asistencia sanitaria, vivenda, formación e distintas axudas, entre elas as de autoemprego, gastos de retorno e bolsas BEME e Retorna Talento FP.
Para máis información, as persoas interesadas poden consultar https://emigracion.xunta.gal ou chamar ao teléfono gratuíto 900 102 380.