Documento
Un 25N de sensibilización e tres citas culturais
O Concello de Negreira, a través do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), presenta a programación conmemorativa do 25 de novembro, o Día Internacional de Loita contra a violencia machista, co obxectivo de promover a reflexión, sensibilización e visibilización desta lacra social.
A axenda inclúe citas para tódolos públicos:
- Venres, 22 de novembro.- Encontro-debate sobre: "A violencia de xénero desde unha perspectiva global", a partir das 10:00 horas no Auditorio Afonso Eanes do Cotón. Entrada aberta ó público en xeral.
- Sábado, 23 de novembro.- Monólogo: “Mulleres de conto”, dirixido a público adulto, ás 21:00 horas no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.
- Luns, 25 de novembro.- Acto conmemorativo, ás 13:00 horas no monolito dedicado ás vítimas da violencia machista, nas inmediacións da Casa do Concello.
- Martes, 26 de novembro.- Sesión de conta contos para nenos e nenas titulada “Contos vellos, novos finais”, ás 18:00 horas na entrada ó Centro Sociocultural.
- Venres, 29 de novembro.- Proxección da película galega “Matria”, ás 21:00 horas no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.
Ademais, durante todo o mes de novembro, a fachada municipal será iluminada e lucirá unha pancarta en contra da violencia de xénero como símbolo de compromiso coa erradicación desta lacra.
Programa 25N