Sen patrón, o novo espectáculo de Pistacatro creado aquí
No mundo malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo?
En Sen patrón, non hai quen made, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que viven e se moven como os malabares que controlan, facendo patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido.
Sen patrón é a última creación saída da factoría de Pistacatro Produtora mediante unha residencia artística no auditorio Afonso Eanes do Cotón. Dirixida por Pablo Reboleiro, que tamén é un dos seus malabaristas cando a Aitor Garuz e Santiago Montero, con música a cargo de Manuel Fonte, o espectáculo estréase esta primavera 2025 despois de semanas de creación en Negreira e de dous pases previos para escolares do colexio O Coto.
O espectáculo Sen patrón inclúe circo, malabares e humor, estando adaptado tanto para rúa como para sala. Dende Negreira desexámoslle o maior dos éxitos.