A SD NEGREIRA GAÑA A SUPERCOPA GALICIA
A Sociedade Deportiva Negreira segue facendo historia e este último día de agosto conquistou a primeira edición da Supercopa Galicia, promovida pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), e fíxoo no campo municipal Jesús García Calvo vencendo 1-0 ao conxunto da SD Cultural Areas, do concello de Ponteareas (Pontevedra), grazas a un solitario gol de Gonzalo Suárez no minuto 63 de partido.
O municipal negreirés viviu un ambiente das grandes ocasións e agora desputará a fase previa da Copa do Rei contra un equipo asturiano ou cántabro, e no suposto de superar esta eliminatoria a dobre partido na última fin de semana de setembro e maila primeira de outubro, mediríase como local a un equipo da Primeira División.
O partido estivo marcado pola igualdade, cun maior dominio e chegadas do Cultural Areas no primeiro tempo, se ben, nos últimos minutos do primeiro acto a SD Negreira puido adiantarse no marcador pois dispuso de ata tres ocasións claras de gol. Todo cambio una segunda parte cos trocos introducidos polos locais coa entrada de Adrián Pereira e Martín Pereira que revolucionaron o choque e foi o Negreira o que tivo as mellores ocasións para poñerse en vantaxe, destacando a figura do porteiro visitante Tielas que coas súas paradas mantivo ao Areas na final.
Na entrega final de medallas e maila supercopa participou o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez que cando ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, foron os encargados de entregarlle o trofeo de campións ao capitán da SD Negreira, Juan Diego Rodríguez.
A nosa felicitación en nome da Corporación Municipal de Negreira por este novo fito histórico e o feito de gañar un trofeo tan importante cando aínda está a piques de comezar a Liga 2025/26.