As rúas non son vertedoiros
Queremos facer un chamamento ao civismo e á responsabilidade de todxs.
Nos últimos tempos estamos a detectar un aumento da aparición de residuos, electrodomésticos e todo tipo de enseres abandonados na vía pública por parte dalgúns veciños e veciñas. Estas prácticas, ademais de deteriorar a imaxe do noso pobo, prexudican a convivencia e obrigan a empregar recursos públicos para retirar residuos que nunca deberían acabar na rúa.
Manter limpo o espazo público é responsabilidade de todxs. O Concello debe garantir os servizos de limpeza e recollida, pero a veciñanza, ten a responsabilidade de facer un uso correcto deles.
E alternativas hai:
- Punto Limpo no polígono de Covas
- Servizo municipal de recollida de enseres
HORARIOS PUNTO LIMPO
Luns a xoves, de 10 a 14 horas
Venres de 10 a 14 e 16 a 20.30 horas
Sábados de 10 a 14 horas
Non hai necesidade de abandonar residuos na rúa. Se algo xa non nos serve, hai formas adecuadas de desfacerse del. Precisamos da colaboración de toda a veciñanza.
Coidar o concello é cousa de todxs