A orquestra Olympus abrirá as festas do entroido
Conta atrás para unha das grandes citas das festas do entroido na área de Santiago como son as de Negreira, que este ano se encargará de abrir a orquestra Olympus que volverá actuar en casa despois de dous anos. A última vez foi no entroido de 2023 e este ano amenizarán as vésperas do día grande na praza do Concello, a noite do venres 28 de febreiro, xunto ao disjockey Marco Kintana.
O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez cando ao concelleiro de Cultura, José Antonio Villar Caamaño e mailas concelleiras, Teresa Duro Leis e María del mar García Vidal presentaron hoxe a programación festeira.
En canto ao sábado, día 1 de marzo, o desfile de comparsas e carrozas repartirá 5.000 euros en premios. Arrincará ás cinco da tarde desde o Campo dá Feira coa charanga Tíralle do aire para transitar polas principais rúas da vila ata terminar diante da Casa do Concello. As inscricións están abertas na Delegación de Cultura ata o mércores 26 de febreiro. Unha vez remate o desfile, actuará o grupo Atenas e un disjockey na praza do Concello para amenizar a posterior entrega de premios.
A última parada do entroido barcalés será o luns 3 de marzo coa festa infantil de disfraces desde as cinco e media da tarde no pavillón do colexio O Coto, que inclúe animación musical e talleres.