O obradoiro dual “Rexenera 2024” oferta vinte prazas

rexenera

 O programa dual denominado Rexenera 2024 está impulsado polo Concello de Val do Dubra, en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba, a través de fondos europeos que destina a Xunta.

Botará a andar o próximo 2 de decembro, cunha vintena de prazas para desempregados maiores de 18 anos e en dúas especialidades formativas: Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, con 12 alumnos eo de Operacións auxiliares en revestimentos continuos en construción, con oito alumnos. 

Este programa de emprego terá unha duración de nove meses e a preselección do alumnado-traballador será a cargo da Oficina de Emprego Santiago Norte.

A data límite para inscribirse é o luns, 28 de outubro, ás dúas da tarde, para veciñanza inscrita como demandantes en servizos como escolas taller, casas de oficio, taller de emprego e outros programas de emprego en formación dual.

Máis información no Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira, en horario de mañá (Telf. 881 035 150).