O chef José Manuel Mallón ofrece un showcooking con produtos locais

gdr

Este domingo, día 27 de outubro, a vila de Negreira converterase no escenario dunha nova xornada de promoción dos produtos e patrimonio local,a cargo do Grupo de Desevolvemento Local - GDR Terras de Santiago. Esta iniciativa, que promove a riqueza rural, vai ter lugar na praza do Concello, a partir das 12:30 horas.

Baixo o lema "Terras de Santiago: Máis alá de Compostela", a xornada busca dar a coñecer os produtos locais a través da degustación dos mesmos mediante a preparación a cargo do chef, José Manuel Mallón, quen ofrecerá un showcooking.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e outras entidades locais, co obxectivo de poñer en valor a riqueza do noso territorio.

Convidamos a toda a cidadanía a participar e desfrutar dunha xornada de encontro coa gastronomía da nosa comarca.

Data: Domingo, 27 de outubro

Lugar: Praza do Concello

Hora: 12:30 horas