No 2024 visitáronnos 289.000 persoas

Visitantes

Un estudo de Telefónica Tech para a asociación Los Pueblos más bonitos de España, á que pertence Negreira por contar no seu territorio co pintoresco paraxe natural de A Ponte Maceira, vén de facer publico que o pasado ano 𝟮𝟬𝟮𝟰 un total de 289.000 persoas visitaron Negreira, maioritariamente pelegríns.

Segundo os datos facilitados por Telefónica Tech durante a temporada alta a afluencia de visitantes é 𝘀𝘂𝗽𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 𝗮́𝘀 𝟴𝟬𝟬 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀. Os meses de maior afluencia foron: 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼, 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼, 𝘅𝘂𝗹𝗹𝗼 𝗲 𝘅𝘂𝗻̃𝗼.

As viaxes en grupo son as que copan o groso do número de visitantes posto que A Ponte Maceira é un punto de referencia nos itinerarios de excursionistas. Excursións de pelegríns que unha vez finalizado o Camiño en Santiago de Compostela, escollen esta opción para coñecer a nosa zona. Pelegríns dunha procedencia do máis diversa. A nivel internacional, os italianos son os que máis nos visitan. Séguenlle os franceses e os alemáns.

Para este estudo, a empresa Teléfonica baseouse nos datos dos teléfonos móbiles das persoas que pasaban máis de 1 hora no noso termo municipal, polo que os datos son unha referencia que nos permite facer unha composición da realidade turística