Negreira remata o plan de limpeza de marquesiñas

maquesinas

A campaña que agora remata incluiu, ademais da limpeza das marquesiñas, a das áreas recreativas e diferentes berarrúas. A isto, engádese a limpeza de beirarrúas realizada polos distintos obradoiros de emprego.

Os traballos nas marquesiñas e áreas recreativas foron levados a cabo pola brigada municipal de obras e servizos. O obxectivo da iniciativa foi mellorar a imaxe de distintos espazos públicos e conseguir un entorno máis respectuoso coa veciñanza.

A campaña consistiu na limpeza a fondo de maleza, pintadas, retirada de cartaces e lixo, e mellora da imaxe xeral. Establecéronse como prioritarias as marquesiñas pola climatoloxía sufrida nas últimas semanas e en previsión de que continúe o mal tempo de agora en diante.

Negreira remata o plan de limpeza de marquesiñas

 

O Concello de Negreira apela á colaboración da veciñanza para manter estas infraestructuras en boas condicións. Lembra ademais que a limpeza dos espazos públicos é unha responsabilidade compartida entre concello e veciñanza. Hai que destacar ademais que a normativa municipal prohíbe a colocación de cartaces publicitarios en zonas non habilitadas para ese uso.

Segundo o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez  “este tipo de accións reforzan o noso compromiso co entorno e coa atención ás demandas dos nosos veciños e veciñas, sendo importante a colaboración de todos e todas para manter a nosa vila limpa e atractiva”. Estamos para servir e mellorar a calidade de vida en Negreira, di o rexedor, ademais de engadir que “sendo conscientes dos medios dos que dispoñemos e priorizando cada vez que programamos os traballos da brigada municipal”.