Negreira reforza a xestión de residuos
Aumentarase o numero de contedores e vanse facer campañas informativas nos vindeiros meses co obxectivo de promover a sostenibilidade e a concienciación ambiental. O obxectivo é facilitar á veciñanza a xestión selectiva de residuos ao tempo que cumprir coa lei 7/2022 de Xestión de Residuos que obriga a todos os municipios a cumprila.
Un dos aspectos máis salientables é que o Concello vén de reforzar a presenza de contedores básicos de recollida como son os orgánicos, o de cartón, plásticos ou vidro. Trátase de evitar vertedoiros incontrolados e conseguir que a recollida sexa o máis selectiva posible.
Entre as medidas figura a implantación en Negreira do contedor marrón, en particular, dentro do centro urbano. Por outra banda, implantaranse outros contedores como o amarelo, o azul ou o verde.
Estanse a preparar campañas de información sobre a correcta utilización dos distintos contedores. Continuarase coa recollida de voluminosos porta a porta para levalos ata o punto limpo.
Tamén seguirá a recollida de plásticos agrícolas durante 4 veces ó ano que supuxo no 2023 a eliminación de 35 toneladas de este tipo de residuos. Ademais, insistirase na recollida de outro tipo de lixo como téxtiles ou aceites orgánicos que os concellos están obrigados a xestionar.
O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez destaca que «con estas medidas, buscamos non só mellorar os servizos, se non fomentar unha cultura de responsabilidade ambiental, como así recolle o Pacto de Alcaldes do que formamos parte», subraiou o rexedor negreirés.