Negreira impulsa a compostaxe doméstica como medida contra o cambio climático
No “Día Internacional contra o Cambio Climático”, o Concello de Negreira reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade e a loita contra a emerxencia climática, destacando a compostaxe doméstica como unha ferramenta clave para a redución de emisións de CO₂ e a mellora do medio ambiente.
A compostaxe doméstica permite transformar os residuos orgánicos en abono natural, reducindo así a cantidade de lixo que require transporte e tratamento, e minimizando a pegada de carbono asociada a estes procesos. Ademais, axuda a mellorar a saúde dos solos e pechar o ciclo da materia orgánica de forma eficiente e sustentable.
O Concello anima á veciñanza a sumarse á iniciativa ou a continuar co seu compromiso coa compostaxe, aproveitando os composteiros e aireadores que se ofrecen de balde a través do programa de compostaxe doméstica. Aqueles que aínda non participan, poden inscribirse en https://negreira.rsu.gal/ para comezar a contribuír activamente á protección do planeta.
Para máis información:
- Teléfono: 647 521 464
- Email: residuos@concellodenegreira.gal
- Web: https://negreira.rsu.gal/