Negreira beneficiarase do Perte de dixitalización do ciclo da auga

Negreira beneficiarase do Perte de dixitalización do ciclo da auga

Espina e Delfín, o principal grupo galego que se encarga do ciclo integral da auga, obtivo unha achega de 7 millóns de euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, do Goberno de España para o seu proxecto de dixitalización do ciclo urbano da auga, sendo a única empresa que conseguiu en solitario fondos para Galicia, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PERTE).

Con este proxecto beneficiaranse nove concellos, entre eles Negreira. Hoxe foi presentado no noso concello por parte de Carlos García, adxunto á dirección de servizos de Espina e Delfín, e José Monteagudo, xefe de servizo, que estiveron acompañados polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez. Logo dunha visita á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), situada en Negreiroa, comparecían nos micrófonos de Radio Negreira para explicar en qué consiste o proxecto.

Esta axuda será parte dun investimento de máis de 10 millóns de euros que Espina e Delfín destinará a este proxecto nos nove concellos beneficiados: Cartelle; Cerceda; Coirós; Leiro; Negreira; Palas de Rei; Sarria; Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, que suman 80.000 habitantes.

En qué beneficiará a Negreira?

  • Instalaranse 3.080 contadores intelixentes de telelectura
  • Un caudalímetro nun punto de captación
  • Un analizador de calidade nun punto de captación
  • Control de procesos na ETAP
  • Instalación dun analizador de calidade na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)
  • Sectorización da rede de abastecemento con 9 contadores
  • Unha plataforma xeoespacial GIS
  • Modelización de redes e xemelgos dixitais
  • Mellora da ciberseguridade
  • Aplicación da Intelixencia Artificial (IA) ao control da explotación e calidade da auga
  • Plataforma de acceso público de información
  • Aplicación informática de xestión de abonados
  • Planes directores

Sustitución de 5 bombas existentes e placas solares 

Podcast