MELLORAS NO ACCESO AO POLÍGONO INDUSTRIAL
A Xunta iniciou esta semana as obras para mellorar a seguridade viaria no acceso ao polígono industrial de Covas, en Negreira, na AC-546. Será mediante a conversión da glorieta partida existente nunha glorieta completa, que contará con 31 metros de diámetro exterior.
O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, supervisou o arranque desta actuación, que conta cun orzamento autonómico próximo aos 50.000 euros. O obxectivo da Xunta pasa por completar os traballos nas próximas dúas semanas.
O proxecto pretende mellorar a mobilidade na zona ao tempo que se ofrece maior seguridade. As obras inclúen a demolición das semiglorietas actuais e o fresado do seu perímetro exterior.