Interesante fin de semana de baloncesto escolar
O sábado 28 de febreiro e o domingo 1 de marzo Negreira vaise a convertir no “epicentro” do baloncesto de base coa disputa da copa Galicia feminina e o Baby Basket 2026.
O primeiro día será o turno da categoría mini feminio cos partidos de algúns dos mellores equipos de baloncesto de Galicia como son o Baxi Ferrol ou o 6 de Nadal de Vigo. As anfitrioas do Deleite Ledicia van a tratar de competir e poñerllo dificil os seus rivais nesta xornada emocionante no Pavillón de Pedra Mámoa.
12:00 h. - Deleite Ledicia Vs 6 Nadal Vigo
16:00 h. – Baxi Ferrol Vs 6 Nadal Vigo
Na xornada dominical os máis pequenos serán os protagonistas do Torneo Baby Basket coa presenza de 14 equipos da comarca de Santiago que xogarán partidos simultaneos en 2 pistas dende as 10 da mañán.
Estas dúas xornadas están enmarcadas na campaña de promoción do baloncesto, organizado pola Federación Galega de Baloncesto en colaboración con Baloncesto Galdea e o Concello de Negreira.