Inscrición Nadal lúdico

nadal ludico

O Concello de Negreira, abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación NADAL LÚDICO que se desenvolverá nas instalacións do Centro Sociocultural entre o 22 de decembro 2025 e o 7 de xaneiro de 2026 en horario de 08:30 a 14:30 horas.

Documentación:

-    Modelo normalizado de ficha de inscrición.

- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre o menor e os proxenitores

- Xustificante da situación de emprego dos proxenitores.

- Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria( certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).

- Xustificante de pago de prezo público.

O persoal técnico responsábel do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://negreira.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Negreira,  en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres, dende o día 6 ata o 14 de novembro.