Gañadoras do IV Concurso Fotográfico do Día Da Muller Rural

Gañadoras concurso foto

O Centro de Información á Muller (CIM) de Negreira deu a coñecer as imaxes gañadoras do IV Concurso Fotográfico polo Día Internacional da Muller Rural, unha iniciativa coa que se busca visibilizar o papel fundamental das mulleres no ámbito rural e recoñecer o seu traballo, esforzo e contribución á comunidade.

Na categoría de adultos, a gañadora foi Tania Leis Rodríguez, coa fotografía titulada “Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar”, unha imaxe que representa á perfección a conexión entre tradición, natureza e vida rural.

Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar

Na categoría de rapazada, o premio recaeu en Noelia Agrafojo Godoy, autora da fotografía “Recollida de pementos”, que amosa o relevo xeracional e a participación da mocidade na conservación das tarefas agrícolas.

Recollida de pementos

Todas as imaxes presentadas ao certame serán recompiladas nunha exposición pública, que poderá visitarse proximamente en Negreira, co obxectivo de poñer en valor o talento artístico e o compromiso social das persoas participantes.