FONDO PESAR POLO PASAMENTO DE JOSÉ ANTONIO ROMARÍS
O Concello de Negreira quere expresar o seu máis fondo pesar polo pasamento de José Antonio Romarís Pereira, veciño da parroquia de Liñaio, galeguista e activista, moi vinculado á vida política, agraria, social e cultural da comarca de Barcala.
A súa traxectoria deixou unha fonda pegada en múltiples ámbitos, nos que participou sempre con entrega e compromiso ao servizo da veciñanza.
José Antonio Romarís formou parte da Corporación municipal de Negreira coma concelleiro das primeiras corporacións democráticas trala ditadura de Franco, ademais de impulsor de iniciativas veciñais, culturais e deportivas que contribuíron a fortalecer a identidade da súa parroquia e por extensiva, do noso concello.
O seu labor, converteuno nun referente para moitas xeracións.
O Concello de Negreira traslada o seu máis sentido pésame á familia, amizades e á veciñanza en xeral de Liñaio por esta triste perda. O seu exemplo e compromiso permanecerán para sempre na memoria de toda a comarca.
Descanse en paz.