Festas de Entroido 2025

Festas de Entroido

As festas de Entroido comezan o venres 28 de febreiro coa actuación da afamada orquestra Olympus, a partir das 22:30 horas na praza do Concello, ademais do DJ Marcos Kintana. Trala véspera, o sábado 1 de marzo chega o seu día grande co Desfile e concurso de carrozas e comparsas. A concentración será a partir das 16:00 horas no Campo da Feira, e o comezo do desfile está fixado para as 17:00 horas, a través da Carreira de San Mauro, rúa da Cachurra, avenida das Brañas, rúa Rosalía de Castro, rúa de Castelao e remate, na rúa do Carme, diante da Casa do Concello.

A agrupación musical Tíralle do aire abrirá o desfile e unha vez rematado, comezará a actuación musical do grupo Atenas e un DJ, na praza do Concello, lugar para a posterior entrega de 5.000 euros en premios.

Festa infantil

A terceira parada das festas terá lugar o luns, día 3 de marzo, a partir das 17:30 horas no pavillón do colexio O Coto, coa Festa infantil de disfraces. Non faltará a animación musical, os xogos inchables, talleres de maquillaxe e un sorteo de agasallos entre toda a rapazada disfrazada.