Execución de obras hidráulicas
O Concello vén de executar dúas obras na rede hidráulica municipal a través de dúas subvencións de 𝗔𝘂𝗴𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮, dentro dos proxectos encadrados nunha serie de subvencións solicitadas á Xunta para acometer melloras en infraestructuras de servizos básicos como son o abastecemento e o saneamento de auga.
- Estación de tratamento de auga potable: Renovouse a tubaxe de impulsión que atravesa o río Barcala e a súa dixitalización.
O investimento foi de 53.773€
- No rego de Duomes: Rehabilitouse un tramo do colector de augas residuais que discorre polo mesmo na zona de A Restreva para evitar filtracións á rede e a súa dixitalización.
O investimento foi de 53.774€
Segundo sinalou o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez: “Isto é debido a que o equipo de goberno ten unha programación é unha previsión cos informes das necesidades e prioridades que se deben levar a cabo no noso concello”.