Cortes tráfico XLIV Carreira Internacional “A Clásica”
Pregamos non utilicen os seus coches este domingo 2 de novembro, entre as 10:00 e as 13:00 horas porque haberá cortes de tráfico durante toda a mañá e para evitar as retencións da circulación por mor das diferentes probas deportivas que engloba un evento de estas características.
Zonas afectadas
Este 2025 estréase un novo circuito de 5.000 metros coa principal novidade no cambio da liña de saída e meta que pasa a ser na avenida das Brañas, que vai selo novo punto neurálxico da Carreira Internacional de Negreira. Trátase dunha zona moito máis ampla que a anterior e non afectará ao servizo de urxencias sanitarias que préstase no Punto de Atención Continuada.
Novo circuito
Homologado pola Real Federación Española de Atlétismo, parte dende a citada avenida das Brañas –á altura da praza- e segue dirección Xanín ata enlazar á esquerda coa rúa Carballiños ata o final desta e enlace en Campos hacia a ponte de Cobas. Xiro á esquerda cara o Parque Empresarial, cruzando a rotonda ata o final do recinto onde se efectúa o xiro de volta a Negreira pola avenida de Barcala. Xiro á dereita cara Nelson Mandela e ata chegar a Vilachán de Arriba onde vólvese xirar á esuqerda –polo paso estreito de Casa Néboa- ata enlazar coa avenida de Vilachán.
A parte final do circuito inclúe un dobre xiro cara a dereita para enlazar coa Cachurra e logo cara a esquerda coa rúa do Carme, novamente esquerda cara o Camiño Vello e finalmente, último xiro á dereita para a entrada na liña de meta pola avenida das Brañas.
Prohíbido estacionar
Na zona afectada pola liña de saída e meta na avenida das Brañas –dende Rosalía de Castro ata Xosé Manuel López Ardeiro-, e marxe esquerda da rúa da Cachurra.
Recollida de dorsais
Sábado, 1 de novembro: Pavillón colexio O Coto, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas
Domingo, 2 de novembro: ata 30 minutos antes de cada carreira no Pavillón do colexio O Coto.
PLANO CIRCUITO