CORTES E RESTRICIÓNS DE TRÁFICO POLA 45ª EDICIÓN DE A CLÁSICA

CORTES E RESTRICIÓNS DE TRÁFICO POLA 45ª EDICIÓN DE A CLÁSICA

Con motivo da XLV Carreira Internacional “A Clásica” de Negreira, a celebrarse o domingo, día 15 de novembro, o Concello informa  á cidadanía e visitantes, dos cortes e restricións pola celebración deste importante evento de trascendencia fóra de Galicia, así como as zonas onde queda prohibido estacionar dende a tarde do venres 13 de novembro.

A principal recomendación é non intentar acceder con coches ao centro urbano o domingo, a partir das 09:30 horas. Se o fan, eviten as zonas afectadas para non sufrir longas esperas. Para os residentes no centro de Negreira, a recomendación é non usar o coche e se precisan desprazarse por traballo e outras razóns, fágano antes das 09:30 horas do domingo.

A qué horas?

O circuito homologado de 5.000 metros para as carreiras de adultos 5K e 10K permanecerá pechado ao tráfico entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Zonas afectadas

Con saída da avenida das Brañas, continúa pola rúa Carballiños, Ponte de Cobas, parque empresarial, avenida de Barcala, rúa Nelson Mandela, paso estreito de Vilachán de Arriba, avenida de Vilachán, rúa da Cachurra, rúa do Carme, rúa Camiño Vello e chegada novamente á meta na avenida das Brañas.

Rúas cortadas

Totalmente cortadas: avenida das Brañas (zona de saída e meta). 

Prohibido aparcar

Dende a tarde do venres 13 de novembro non se pode estacionar na avenida das Brañas (zona acceso praza das brañas e rúa RC Deportivo da Coruña, e maila marxe esquerda da rúa da Cachurra. 

Entradas a Negreira

Estarán afectadas polas carreiras 5K e 10K, a partir das 09:45 horas, a entrada dende A Baña e a Variante –rotonda de Ceilán-, a través da avenida das Brañas, e maila avenida de Barcala dende a intersección do parque empresarial de Cobas.

Zonas libres

Totalmente libres ao tráfico permanecerán as entradas polas estradas provinciais do Marco do Cornado, Ponte Nafonso e Urdilde –zona do Campo da Feira-, e maila avenida de Santiago. Neste caso, estará prohibido o xiro á dereita de subida pola rúa Fonte do Carme, desde a rotonda da fonte, polo que recoméndase aos condutores non intentar acceder ao centro urbano por esa zona durante a mañá do domingo.

CORTES E RESTRICIÓNS DE TRÁFICO POLA 45ª EDICIÓN DE A CLÁSICA