COMEZAN AS ESCOLAS DEPORTIVAS 2025/26

Comezan as Escolas Deportivas 2025/26

As Escolas Deportivas rexistran a maior cifra de usuari@s da súa historia xa que un total de 725 persoas poderán desfrutar dalgunha das 19 actividades ofertadas para esta tempada 2025/26.

O Concello de Negreira pretende dar servizo a todos os grupos de idade, o que demostra a gran aceptación que seguen tendo as escolas municipais que son unha referencia non só a nivel local, senón tamén a nivel comarcal, xa que son moitas as persoas usuarias que proceden de concellos da contorna.

A duración das escolas é de oito meses, comezando hoxe mércores 1 de outubro e rematando o 29 de maio de 2026. Cómpre salientar que entre a oferta, as disciplinas de pádel, pilates e ximnasia de maiores son as que máis usuarios agrupan.

Dende o Concello de Negreira salientamos o “éxito” e a “extraordinaria acollida” que seguen tendo as escolas deportivas nunha clara aposta polos hábitos saudables, a práctica deportiva e o fomento da vida activa, tratando de alcanzar as necesidades dos nosos veciños e veciñas.

Lista de actividades e grupos