A caravana morada visita este domingo Negreira

imaxe_da_caravana_morada

Con motivo do 25 de novembro, iniciamos a programación de actividades organizadas dende o Centro de Información á Muller (C.I.M.), sendo a nosa primeira actuación: “A caravana morada", que este domingo 3 de novembro recala na vila coincidindo coa XVLIII Carreira Internacional de Negreira. 

A caravana do Punto Lila instalarase na entrada do CEIP O Coto, na zona do transporte escolar e terá un horario de apertura de 9.00 a 15.00 horas. A veciñanza recibirá información sobre os recursos dispoñibles para previr a violencia de xénero de man de dúas profesionais especializadas que atenderán a todas aquelas persoas que queiran resolver as súas dúbidas.

A iniciativa está impulsada dende o Centro de información á Muller, dependente do Concello de Negreira.