1°semestre da Rede Galega de teatros e auditorios

Programación 1° semestre da Rede Galega de teatros e auditorios 2026

Xa temos aquí o primeiro semestre da Rede Galega de Teatros e Auditorios organizada dende Cultura Negreira con 6 funcións que non deixaran indiferente a nadie.

Xa podes reservar as túas entradas en www.woutick.es ou na Delegación de Cultura ao prezo de 5€ entrada xeral ou 3'5€ para carnet xove ou maiores de 60 anos.


SÁBADO 24 DE XANEIRO  - AS 20:00H -  PREZO: 5€ /3'5€

Dirección - Santiago Cortegoso –  105' minutos - Ibuprofeno Teatro

Público - Adultos +14

RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.

RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo”dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.  

  • Artur Abad: Percusiones, Coro, Soplete, Otros

  • Cristina Collazo: Trompa, Coro, Abuela, Otras

  • Santiago Cortegoso: Percusiones, Coro, El hijo

  • César Goldi: Percusiones, Coro, Franco, Naranjito, Otros

  • Celia González / Graciela Carlos: Clarinete, Coro, La madre, Otras

  • Davide González: Saxofón, Coro, Felipe González, Otros

  • Fran Lareu: Trompeta, Coro, El padre, Otros

  • Nani Matos: Tuba, Coro, Boyer, Otros

 

VENRES 27 DE FEBREIRO -  AS 21:00H   - PREZO: 5€/3'5€

O PROCESO – MALASOMBRA PRODUCCIÓNS

Duración - 75 min – Clasificación – Comedia -  Público - Adultos + 14


En 1880, o bispo de Ourense denuncia a Curros Enríquez por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos, Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, aborda con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado lawfare, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...) que seguen vixentes na actualidade.

Cándido Pazó escribiu e dirixe esta proposta que conta con Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal sobre o escenario a darlle vida a once personaxes diferentes.

A peza partiu da publicación do Consello da Cultura Galega e o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense O proceso penal a Manuel Curros Enríquez (1880 – 1881), que recolle as actas oficiais do proceso canda a un prólogo e un estudo. O pasado mes de setembro, Celanova acollera tamén a estrea de O Rexurdimento do Divino Sainete da compañía LaGriot'te, que tamén trataba o xuízo a Curros.

  • Autor y director: Cándido Pazó

  • Elenco: Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier y Xoque Carbajal


 

VENRES 13 DE MARZO  -  AS 21:00H   - PREZO: 5€/3'5€

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)

Duración - 65 min – Clasificación – Drama /critica – Público - Adulto


SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.

Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.


 

VENRES 27 DE MARZO  -  AS 21:00H   - PREZO: 5€/3'5€

Mofa e Befa: Os Dous de Sempre. O Regreso

Duración - 90 min – Clasificación – Comedia – Público - Adultos +13

Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.

Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou com compasivo humor.Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademáis, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, Tolos e Animais componen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturi do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás , e outra, cómeas.

  • Autor Quico Cadaval e Carme Varela (versión libre de Os Dous de Sempre de Castelao e da súa produción de humor gráfico)


 

SÁBADO 18 DE ABRIL  -  AS 19:00H  - PREZO: 5€/3'5€

GRAN GALA DE CIRCO  - PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS S.L

Duración - 80 min – Clasificación – NOVO CIRCO– Público – TODOLOS PÚBLICOS

Mellor Compañia de  Circo de España no ano 2025

 

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo.

Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

Este formato permite unha grande adaptabilidade en canto á duración e ós contidos do espectáculo, segundo o negociado co contratante.


 

VENRES 24 DE MARZO  -  AS 21:00H   - PREZO: 5€/3'5€

AMALIA Y EL RIO: HISTORIA DE UNA ESTRAPERLISTA – TEATRO GUIRIGAI  S.L  DE Badaxoz

Duración - 75 min – Clasificación – contemporaneo  – Público – +14

 

Basada en feitos reais.

Amalia, nada en Olivenza, tivo que emigrar a Barcelona a finais dos anos 50; pero a nosa historia comenza antes, nos duros anos da posguerra, facendo estraperlo entre Portugal e Badaxoz, na Raia, cruzando o Guadiana cargada de café, pan,…, o que podía.

Loitando por sacalos seus fillos adiante, defendendo o  seu dereito ao traballo nunha sociedade profundamente machista, cunha coraxe e gañas de vivir admirables.

Este é un espectáculo sobre a memoria democrática de España dende unha perspectiva de xénero.

Un retazo vivo das historias do contrabando, protagonizado por unha muller forte, intelixente, socarrona e astuta que pelexou por manter a súa dignidade e o  seu dereito de traballo nun mundo moi machista.

Pese as penalidades, esta estraperlista extremeña cruza o Guadiana cargada de café, azúcar, tabaco… nos anos da posguerra, cun coraxe e gañas de vivir admirables que transmiten ao público un chute de enerxía e gañas de seguir loitando.

No esceario dous personaxes: Amalia que transita o presente e o pasado revivindo  a súa vida é  o Home de Pedra, que xurde dos recordos da protagonista, e que representa o poder patriarcal, a masculinidade. Crea atmósferas, susurra, canturrea, dialoga con Amalia.

Un espectáculo que  cosechou excelentes críticas.