Debuxo_2016_2.jpg

O debuxo elaborado polos nenos e nenas da clase de 3 anos C de Infantil, do Colexio O Coto, é o gañador do Concurso de Cartaces do Nadal que servirá para anunciar a programación navideña e felicitar as festas no Concello de Negreira.

 

 

Nosa noraboa a todos eles e a súa profesora polo traballo realizado, cuxo premio consiste nun vale agasallo por valor de 100 euros para cambiar en comercios de Negreira. Este galardón vailles ser entregado na tarde do día 5 de xaneiro durante a celebración da Gran Cabalgada dos Reis Magos, na recepción que as súas Maxestades ofrecerán aos nenos e nenas do noso concello, no Pavillón do CEIP O Coto. 

festivalnadal16.jpg

Este domingo celébrase a vixésimo sexta edición do Gran Festival do Nadal, en Negreira, baixo a dirección de Manuel Figueira e a organización conxunta do Concello e maila Sociedadde Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, cuxo inicio está fixado para as seis da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Trátase dunha das citas máis carismáticas da programación de Nadalo, a cal conta coa participación desinteresada de asociacións, clubes, escolas municipais e artistas quenes mostrarán as súas habilidades enriba do escenario. A entrada é de balde, até compretar o aforo existente.

 

Este vai sela orde de actuacións:

1)   Banda Ateneo Musical de Negreira, con Xota Feiticeira, Pepa e Muiñeira de Chantada, coa dirección de Raúl Martín Niñerola.

2)   Escola Municipal de Baile Galego, con Muiñeira Redonda e Danza das patelas.

3)   Academia English Wonderland de Negreira, con Happy Christmas, coa dirección de Susana Salvante.

4)   Club kárate Akai Ryu, cunha exhibición de catas, coa dirección de Ainhoa Rodríguez.

5)   Escola Municipal de Pandeireta, con Chiqui Chiqui de Lourido, coa dirección de Sonia Nieto.

 

Entrega de agasallos aos grupos participantes

 

6)   Break Dance con Vella Escola, de Noia. 1º pase. Dirixe Raúl Asensi.

7)   Alejandro García (pianista), con Minueto de Sonata KV 282 e Nocturno Opus 72.

8)   Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, coa actuación de Valería Torreira, campiona galega de conxunto 2016 en categoría infantil promoción e, de Alba Varela, campiona provincial e cuarta no Campionato Galego 2016. Dirixe María Fernández.

9)   Grupo de Danzas Tradicionais Veiga do Cotón, con Muiñeira carballesa e Muiñeira de Zas.

10)  Break Dance con Vella Escola, de Noia. 2º pase.

 

cumios.jpg

Seguindo a tradición de cada Nadal en Negreira, este sábado 24 de decembro imos a ascender ao cumio do monte da Pena e poñer alí, un belén navideño. Trátase dun roteiro de sendeirismo de 10 quilómetros de nivel de dificultade media, aproveitando a ruta xacobea do Camiño de Fisterra ata a parroquia de San Mamede de A Pena.

 

Toda a xente interesada pódese anotar na Delegación de Cultura e Deportes, ou chamando ao número de teléfono: 981 885 886 ata este venres 23. Darémola saída ás 9:30 horas dende o Campo dá Feira e, haberá avituallamento. O regreso á vila de Negreira farase en autobús, unha vez descendido o cumio da Pena.

 

+ Nadal

 

Seguen as actividades do Nadal en Negreira. Este xoves 22 tes a oportunidade de participar no Maratón Solidario de Bike, na Piscina Municipal de Pedra Mámoa, a partir das cinco da tarde. Podes anotarte na zona de recepción, ao igual ca o venres pola tarde se queredes participar no Maratón Solidario de Zumba Kids (17:00 h) e Pilates (18:00 e 19:00 h).

 

E se vos gusta o xadrez, tamén temos un torneo este venres 23 pola tarde, de 19 a 21 horas na Casa da Cultura. Infórmate no: 633 447 674. O venres pola mañá tamén terémola visita de Papá Noel ás instalacións da Escola Infantil Municipal, a partir das 11:30 horas.

 

Para o luns 26 haberá a proxección dunha película de Nadal, ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural e, o martes 27 será a quenda para o teatro. A Escola Municipal ofrece varias actuacións no Auditorio, a partir das 18:00 horas.

adelio_e_amancio.jpg

Trataranse diversos aspectos coma Xeografía, Historia, Arte, Economía, Etnografía, poboación ou personaxes, das 33 parroquias que conforman a comarca de Barcala. Tómase como referencia o libro Xente e Terra de Xallas. Letras da mocidade, editado polo Concello de Santa Comba en 2002, coa autoría do alumnado de bacharelato do instituto Terra de Xallas, baixo a dirección dos profesores Amancio Liñares e Antonio Puentes.

 

O director do IES Xulián Magariños, Adelino Pose Reino, e mailo profesor de Historia, X. Amancio Liñares Giraut, explicaron en Radio Negreira (107.0 FM), o interesante que resulta para o centro este proxecto, cuxos autores serán os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia.

 

As presentacións do libro correrán a cargo do director do centro, Adelino Pose Reino, e dos coordinadores e, contarase con ilustracións de ex alumnos, vinculados aos campos profesionais do debuxo, da fotografía ou das Belas Artes.

O libro será editado polo instituto barcalés e, a intención é presentalo a finais do presente curso académico, para o cal buscarase o financiamento preciso en institucións e entidades, para homenaxear ó conxunto das parroquias barcalesas, a través da investigación e da escrita da mocidade que cursa bacharelato.

 

O proxecto conta ademáis coa colaboración da profesora e escritora Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega. Ela será a encargada do limiar. 

felicitacion_de_Nadal_2016.jpg

Dende o Concello de Negreira desexámosvos boas festas de Nadal e un ventureiro ano novo 2017 coa nosa postal navideña elaborada co debuxo feito polos nenos e nenas da clase de 3 anos C de Infantil, do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Coto, gañador do Concurso de Cartaces do Nadal que serve para anunciar a programación de actividades e felicitar as festas no Concello de Negreira.

 

Que por estas festas, a maxia sexa o teu traxe, o teu sorriso o mellor agasallo, os teus ollos o mellor destino, e a túa felicidade o meu mellor desexo... Bo Nadal!

cabalgata2016.jpg

O Concello de Negreira prepárase para recibir o xoves 5 de xaneiro as Súas Maxestades os Reis de Oriente, cunha Cabalgada polas rúas da Vila e recepción na Casa do Concello as 18:00 h. Unha vez feito o discurso no balcón consistorial, por parte do rei Melchor, o acto rematará no Pavillón do C.E.I.P. O Coto en torno as 19:00 h., onde os nenos poderán recoller un agasallo de mans dos Reis Magos.

 

Tamén se fará entrega dos premios ós mellores escaparates e do Concurso de Carteis de Nadal,  que este ano foi para os nenos e nenas da clase de infantil de 3 anos C do CEIP O Coto.

 

Percorrido da Cabalgada 2016.

 

A comitiva real percorrerá as rúas de Negreira, para que todos os nenos poidan ver as súas maxestades nas carrozas que se están a preparar para ese día. Sairá do campo da feira ás 17:00 h. para despois percorrer a Carreira de San Mauro, Avda. de Santiago, Fonte do Carmen, Camiño Vello, Cachurra e rematar na rúa do Carmen (Casa do Concello). Dende ahí trasladarase o pavillón do colexio pola rúa de Castelao e Rosalía de Castro.

 

En caso de choiva, suspenderíase o desfile e todo o acto trasladaríase ó pavillón do CEIP O Coto a partir das 18:00 h.

 

Para ver o mapa do Percorrido pincha

 

 

Escola2.jpg

No presente mes de xaneiro ponse en marcha por segundo ano, o programa Psicomotricidade educativa preventiva, na Escola Municipal Infantil, financiado polo Concello de Negreira e que corre a cargo do persoal da empresa Medrando Xuntos S. C. P.

 

Este programa está dirixido ós nenos/as do terceiro ano de Educación Infantil. O desenrolo psicomotor dos nenos/as nesta etapa madurativa é un obxectivo fundamental, pois condiciona tódalas aprendizaxes preescolares e escolares que se adquiren a posteriori.

 

Ata os 6/7 anos hai que contemplar ós nenos/as como seres globales, osea, as aprendizaxes cognitivas, afectivas, e motrices están vinculadas, sendo o movemento e a acción (expresividade motríz) os medios empregados polo neno/a para madurar, aprender, coñecerse, coñecer o contorno, asegurarse dos seus medos, expresase….

 

A psicomotricidade polo tanto non está dirixida só á adquisición de destrezas motrices, senón que tamén favorece os procesos psicolóxicos que acontecen nesta etapa, que están nas bases da adquisición da identidade, da personalidade, autoestima, seguridade emocional, creatividade, capacidade empática, tolerancia a frustración….

 

O neno poderá expresarse, experimenta e aprender grazas a:

 

1.Un clima de xogo libre,

 

2.un espazo diseñado (con material específico para este traballo), organizado e pensado para a expresividade motríz dos nenos/as,

 

3.un adulto que respeta á individualidade de cada quen e que potencia as sáus fortalezas,

 

4.Unha axeitada lectura da expresividade motríz de cada neno/a,…

 

A emoción que espertou o curso pasado este traballo nos nenos/as que asistían, din dende a empresa que é indicador «sen lugar a dúbidas, do importante sentido que ten para eles», ademáis de mostrar a nivel pedagóxico «a trascendencia destas experiencias que se viven na sala de psicomotricidade para a sana evolución dos nenos/as», precisaron.

esqui07.jpg

A campaña de inverno para rapaces e rapazas nados entre os anos 2002 e 2006 residentes en calquera municipio da provincia, xa está en marcha por parte da Deputación da Coruña. Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos (León), ademáis de participar en cursos de esquí.

 

As inscricións pódense formalizar ata o día 23 de xaneiro na Delegación de Cultura e Deportes. A campaña desenvolverase desde o 19 de febreiro ao 31 de marzo, e a quenda que lle corresponde a o noso concello é a que vai dende o 19 ó 24 de marzo. A Negreira se lle adxudican 4 prazas.

 

As viaxes teñen un custe por participante de 95 euros e inclúen transporte, estadía de cinco días en Leitariegos, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

 

A estación invernal de Leitariegos sitúase no noroeste da provincia de León, na comarca de Laciana, nun excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias, e conta con 10 pistas balizadas de distintos niveis (5 vermellas, 4 azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que se ofrecen clases de esquí e snwoboard.

regaloscabalgata.jpg

Entre tódolos nenos/as participantes na Cabalgada dos Reis Magos efectuouse este martes un sorteo en directo de agasallos en Radio Negreira co seguinte resultado:

 

1) Equipo de son para karaoke – Dylenia Coria Crego

2) Un MP3 – Aroa Pousada Iglesias

3) Lote de libros – Laura Vieites Ferreiro

 

Noraboa ás afortunadas e moitas grazas pola colaboración prestada ás 52 persoas que colaboraron na Cabagalda de Reis 2017 do Concello de Negreira. 

vilachan.jpg

O Concello de Negreiraencargouunhaanálise das augas que verte a Fonte de Vilachán, a máis usada polos veciños e veciñas da capital municipal e arredores, de cara a coñecer si os seus parámetros son os adecuados para o consumo das persoas, dada a gran aceptación que ten o líquido que mana deste acuífero.

 

 

Está análisefeita por Laber laboratorio realizouse entre os días 22 e 23 de decembro de 2016 sobre unhamostra tomada o día 21 de decembro pasado. O informe final confirma que a auga da Fonte de Vilachán é apta para o consumo humano.