coro.jpg

Segundo a información comunicada ao Concello, a día de hoxe, venres 20 de novembro, no noso municipio os casos activos son 11 polo que gustaríanos enviarlle unha mesaxe de ánimo a todas estas persoas, e que agardamos que se recuperen o máis axiña posible.

 

Así mesmo, apelamos de novo á responsabilidade individual e insistimos na necesidade de cumprir coas medidas de prevención e moito #sentidiño para que saiamos desta tod@s xunt@s.

 

É moi importante seguir mantendo a distancia de seguridade, o uso obrigatorio de máscara e o lavado de mans para que así, os contaxios sigan descendendo no noso concello, agradecendo a toda a veciñanza o cumprimento das normas.

CartazWeb Concurso Nadal Negreira

O Concello de Negreira convoca o I Concurso de Decoración de Nadal, co obxectivo de promover o embelecemento da vila facendo partícipe a poboación e o tecido económico. O proxecto contribuirá á participación activa do pobo de Negreira na tradición do Nadal e á posta en valor do comercio, a hostalaría e o patrimonio cultural.
As inscricións serán gratuítas e estarán abertas a toda a poboación maior de idade do Concello de Negreira e establecementos hostaleiros e comerciais con actividade emprazada no termo municipal.


- Como inscribirse?
Mediante un correo-e a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o nome, apelidos e DNI da persoa representante, teléfono, correo-e, e o enderezo da vivenda ou establecemento onde se levará a cabo a decoración obxecto do concurso, incluíndo tódolos datos precisos para a súa localización, así como o nome do establecemento na categoría de establecementos. Como alternativa, tamén se poderán realizar as inscricións de luns a venres non festivos de 9:00 h a 14:00 h na Casa da Cultura, ou no teléfono 650 796 956.


- Período de inscricións
Dende o 25 de novembro ás 14 h do venres 11 de decembro.


- Categorías de participación
a) Particulares
Poderán participar dentro desta categoría vivendas unifamiliares, tanto casas como pisos, así como conxuntos formados por comunidades de veciños dun edificio. Para o concurso valorarase unicamente a decoración visible dende a vía pública (entradas, fiestras, balcóns, xardíns, árbores de nadal, etc.).
b) Establecementos
Poderán participar dentro desta categoría tódolos establecementos comerciais e de hostalaría emprazados no termo municipal de Negreira. Valorarase en conxunto a decoración para o concurso, que poderá realizarse nas zonas accesibles ou visibles para o público en xeral: no interior, no exterior, nos accesos e fiestras e nos escaparates. A decoración deberá manterse sen modificar dende o inicio ata a fin do concurso, podendo cambiarse outros elementos como os produtos en venda expostos.


- Duración do concurso
A decoración deberá estar colocada dende o día 12 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos incluídos. A exposición será gratuíta e estará visible dende a vía pública (vivendas ou comunidades de veciños) ou lugares de acceso permitido e visibles (establecementos) para o goce da poboación.


- Premios
Outorgaranse un máximo de tres premios en cada unha das dúas categorías, en función da
puntuación outorgada polo xurado, que se baseará en tres aspectos de máximo 10 puntos cada
un: creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.


a) PARTICULARES
1º premio: Vale regalo de 100 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira
2º premio: Vale regalo de 60 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira
3º premio: Cesta de produtos


b) ESTABLECEMENTOS
1º premio: 400 €
2º premio: 150 €
3º premio: Cesta de produtos
Consulta toda a información detallada nas Bases do concurso. Na páxina web www.concellodenegreira.gal.

Eroski

Con guión de Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e o propio Xesús Ron, a película utiliza a pantalla para introducir aos seus protagonistas: unha moza directora de cinema e a súa familia, á que recorre para rodar un filme.

 

Trátase pois de cinema dentro do cinema que fala de memoria, historia local e resquebraxamento de relacións botando man á nostalxia, a crítica social sutil e a metalinguaxe cinematográfica, e onde non faltan, cara ao final da súa metraxe, recursos de animación e unha única saída ao exterior para rubricar esta traxicomedia da vida, que reflicte como os edéns do pasado deron paso ao consumismo hedonista actual. Porque o título fai referencia ao supermercado construído onde estaba situada a popular sala de festa rural na que se coñeceron Eva e Antonio, os pais de Álex. Por indicacións da moza, os proxenitores –separados desde hai tempo– deberán recrear ante a súa cámara, a súa primeira cita, a súa consecuente noite de paixón e o seu reencontro 25 anos despois, cando o tempo e os seus estragos fixeron efecto. Durante esta representación sairán á luz algúns segredos non precisamente amables.



Poderemos vela no Auditorio do Centro Sociocultural da vila, este venres 27 de novembro, nun único pase, a partir das 20:30 horas, con entrada de balde ata completar a capacidade.

 

Esta proxección pecha o programa do Outono Cultural 2020 do Concello de Negreira.

coro

Segundo a información comunicada ao Concello, a día de hoxe, venres 27 de novembro, no noso municipio os casos activos son 12 se ben a incidencia acumulada nos últimos catorce días, tal e que como informa a diario o Sergas, é de 13 casos diagnosticados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA). Dende o Concello gustaríanos enviarlle unha mensaxe de ánimo a todas estas persoas, e que agardamos que se recuperen o máis axiña posible.


Así mesmo, apelamos de novo á responsabilidade individual e insistimos na necesidade de cumprir coas medidas de prevención e moito sentidiño para que saiamos desta tod@s xunt@s.


É moi importante seguir mantendo a distancia de seguridade, o uso obrigatorio de máscara e o lavado de mans para que así, os contaxios sigan descendendo no noso concello, agradecendo a toda a veciñanza o cumprimento das normas.

Reis

Para que os nenos e nenas de Negreira vexan aos Reis Magos, este ano será diferente, pero á vez, máis doado que nunca, pois grazas ao Concello poderedes disfrutar deste servizo para poñerse en contacto coas súas Maxestades Gaspar, Melchor e Baltasar.


Accedendo á web www.nadal2020.es atoparedes un apartado chamado «rexistro» e nel deberedes marcar o concello ao que pertences, neste caso, o de Negreira. E de non dispoñer dun número de teléfono coa aplicación Whasapp, debedes poñervos en contacto coa web e chamaránvos canto antes.


O prazo para rexistrarse está aberto ata o día 29 de decembro na propia web ou no número de teléfono móbil: 641 585 245.


Unha vez marcado o concello, seguirás os pasos necesarios para inscribir ao neno ou á nena. Poderedes comentar algo que cosnideredes oportuno e importante para que os Reis Magos o teñan en conta antes de falar cos pequenos.


Despois do rexistro persoal e de marcar a data e a hora, lembra que terás que ter dispoñible o número de teléfono móbil rexistrado o día e a hora. E se por casualidade non fose posible contactar por estar fóra de cobertura, tentarano de novo ao finalizar a xornada.

luces_nadal_negreira.JPG

A iluminación de Nadal no concello de Negreira quere sumarse ás iniciativas que estivemos a realizar durante o outono, conxuntamente coa Asociación de Empresarios de Negreira (ENe), de cara a fomentar o consumo no comercio e a hostalería da vila, máxime nesta época que é unha das máis importantes e especiais do ano. Tamén queremos axudar a levantar o ánimo entre a veciñanza, sobre todo entre os máis novos despois dun ano moi difícil debido ás circunstancias derivadas da pandemia sanitaria a nivel mundial, polo que un sorriso dos nenos e as nenas, é sumamente importante nunhas datas tan entrañables.

Non queremos esquecer a motivación especial que a iluminación das nosas rúas e tamén como é costume das parroquias, supoñen para a cidadanía á hora de animalos a facer as compras no noso pobo, xa que sabemos que non é o mesmo que non haxa luces para mercar e consumir nosos establecementos locais que se engalanan para a ocasión, e que tamén ofrecen descontos e un amplo surtido de produtos por estas datas.

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal e mailo concelleiro de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, Iván Guardo Porto, asistiron o acendido da iluminación de Nadal na árbore instalada na praza do Concello.

Por último, queremos animar a toda a veciñanza e aos profesionais do comercio e a hostalería, a sumarse a participar no concurso de decoración de Nadal, a través dun proxecto que contribuirá á participación activa do pobo de Negreira na tradición de Nadal e á posta en valor do comercio, a hostalería e o patrimonio cultural.

As inscricións son gratuítas e están abertas a toda a poboación maior de idade do concello de Negreira, así como a establecementos hostaleiros e comerciais con actividade emprazada no termo municipal.

Podes consultar as bases premando na seguinte ligazón:

eólicos

Ante o prazo de exposición pública ó que se somete actualmente toda a documentación aportada referente ao proxecto do Parque Eólico Banzas, promovido por Green Capital Power SL, dende o Concello de Negreira infórmase da posta a disposición da veciñanza, de un servizo de asesoramento xurídico para resolver calquera dúbida, e que tamén facilitará información relativa a dito procedemento en curso.


O horario previsto para a atención ó público será de 12.00 a 14.00 horas nas seguintes datas: venres 11; martes 15 e venres 18 de decembro, no Local Social da parroquia de Campolongo.


Infórmase que debido ao actual estado de emerxencia sanitaria pola Covid 19, e para evitar a aglomeración de persoas en espazos pechados, é necesario pedir cita previa nos seguintes números de teléfono: 881 035 142 (de 8.00 a 15.00 horas), ou no 673 249 477.

coro.jpg

Segundo a información publicada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), o número de novos contaxios diagnosticados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA), nos últimos 14 días no noso concello é de 26 casos. En canto ao número de casos activos a día de hoxe, venres 11 de decembro é de 29 contaxios.

 

O Concello de Negreira pídelle á cidadanía o cumprimento das medidas hixiénicas e de protección fronte á pandemia, e que son as recomendadas polas autoridades sanitarias que no caso da Consellería de Sanidade, e tras analizar o subcomité clínico a situación epidemiolóxica na nosa comarca, acordou implementar unha vixilancia especial cando a outros 15 concellos galegos, e entre eles figuran os veciños municipios da Baña, Mazaricos e Santa Comba. Todos estes municipios continuarán, polo de agora, co mesmo nivel de restricións actual.

 

É moi importante seguir respectando as medidas sanitarias e de seguridade para poder continuar reducindo a cifra de contaxios no noso concello como xa sucedeu en ocasións anteriores durante a pandemia.

logo-negreira-turismo.png

A Área de Turismo do Concello de Negreira presenta o novo logo de Turismo de Negreira, co patrimonio e a natureza como valores destacados. Trátase dunha imaxe composta por varios elementos. O máis destacado é o nome da vila e do Concello en cor negra. Por debaixo e con menor tamaño, a palabra “turismo” en cor verde. Acompañando as dúas palabras do logo, sitúase a imaxe, tamén coas cores verde e negra. Un conxunto que semella unha folla de carballo, coa parte superior representando o patrimonio negreirés, xa que pode intuírse o pazo do Cotón, protagonista e xerme da vila, ou a Ponte Maceira, flamante porta de entrada do Camiño no Concello de Negreira. A sombra do elemento superior en verde completa o conxunto nunha folla dunha típica árbore galega como é o carballo, que marca a importancia da natureza.

Principal-14.JPG

Rede Araña, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e mailo Centro de Información á Muller do Concello de Negreira, iniciaron hoxe unha acción formativa de emprendemento para mulleres dentro do programa "Adiante rural", coa participación dunha ducia de veciñas da comarca de Barcala.

 

Este curso vaise desenvolver ata o venres 18 de decembro, tódalas mañás, en horario de nove da mañá ás dúas da tarde, na Casa da Cultura, e incluirá este xoves 17 a participación de Beatriz García Cibreiro, vicepresidenta de AJE para Santiago de Compostela, para un estimulante Networking.

 

Foto-2.jpg

A devandita acción formativa inclúe dúas partes diferenciadas: Unha primeira de motivación para a búsqueda de emprego, dunha duración de 5 horas, que inclúe motivación e reforzo, coaching motivacional, e habilidades sociais de aplicación no ámbito profesional; e unha segunda acción dunha duración de 20 horas en tres módulos: Liderado feminino; marketing online e axudas e subvencións para o emprendemento feminino no medio rural.

 

O acto de inauguración contou coa presenza da concelleira da Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, e maila directora do CIM, Rosa Fuentes Cambeiro.