O Concello de Santa Comba, como promotor do Programa de Emprego de Garantía Xuvenil “XUVENIL 2024”, xunto cos Concellos De A Baña, Concello de Negreira e Concello de Val do Dubra é beneficiario dunha subvención por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización dun Programa de emprego para mozos e mozas maiores de 18 anos e inscritos en Garantía Xuvenil, para 16 alumnos/as traballadores/as distribuídos nas seguintes especialidades formativas;
- Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes (10 alumnos) e
- Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría (8 alumnos).
Este Programa de emprego terá unha duración de 12 meses, e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego de Santiago Norte, onde serán preseleccionados aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego; e teñan solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego(340), Outro programas de emprego formación dual (370) e 699 suspensión específica programas experimentais de emprego.
Aquelas persoas interesadas en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas deberán inscribirse ata o 29 de agosto nos devanditos códigos e poderán facelo dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:
- Na oficina, pedindo cita previa no seguinte enlace:
Mais información no Servizo de Emprego Local dos Concellos participantes.