ANUNCIO: CONVOCATORIA DE PLENO ORDINARIO

Como Concelleiro/a e membro desta Corporación Municipal de Negreira, por medio da presente se lle convoca á sesión que terá lugar, con carácter ordinario o próximo día 11 de xullo de 2016  ás 21:00  horas  no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

Orde do día:

Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:

- Acta do Pleno ordinario de data 9 de maio de 2016.
- Acta do Pleno extraordinario de data 30 de maio de 2016.

Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto nº 98/2016 ata o Decreto nº 137/2016, ámbolos dous inclusive.

Punto Terceiro.-  Festividades Locáis para o ano 2017.

Punto Cuarto.- Programa de vivendas baleiras.

Punto Quinto.- Convenio de colaboración entre os Concellos da Baña, Negreira e Val do Dubra, de data 31 de maio de 2016.- Convalidación, se procede.

Punto Sexto.- Modificación do Regulamento de Organización e Funcionamento da Escola Infantil Municipal.- Aprobación inicial, se procede.

Punto Sétimo.- Rogos e Preguntas

Negreira, 6 de xullo de 2016.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño