1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Negreira
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría
c) Dirección de Internet do perfil do contratante: http://www.concellodenegreira.org/
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: Contrato de servizos.
b) Descrición: Xestión do servizo público de segregación, recollida, transporte e tratamento ou vertido dos residuos depositados no punto limpo do Concello de Negreira
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: Urxente
b) Procedemento: Negociado sen publicidade
4. Valor estimado do contrato: 33.333,33 euros
5. Presuposto base de licitación: 33.333,33 € euros. Importe total 36.000,00 euros
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 7 de marzo de 2012
b) Data de formalización: 8 de marzo de 2012
c) Contratista: Global Vambru S.L.U. CIF: B-85837938
d) Importe. Importe 30.727,65 euros IVE (8%)2.458,21 importe total 33.185,86 euros
Negreira, 21 de marzo de 2012.
Alcalde-Presidente
José Blanco Pazos
Data desta publicación: 27 de marzo de 2012.