O pazo de Albariña, de Varela ou do Capitán, Chancela (Logrosa)

Na parroquia de Logrosa, no lugar da Chancela, atópase o Pazo da Albariña. 

Este pazo ten base medieval aínda que ten estilos engadidos de reformas que se fixeron ao longo do tempo. Formado por unha construción en forma de L e dúas alturas, posúe un torreón moi marcado e con grosos muros nun dos seus brazos. 

Todo isto está rodeado por un belo xardín no que se atopa un pombal  e dous hórreos e a súa vez atópase rodeado por un gran muro de pedra no que se deixan ver pilares circulares na súa entrada.

 

Na actualidade é privado polo que non se pode acceder a el.