CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Espazos Naturais

Memoria histórica para a rehabilitación da zona de Pontevedra de Liñaio

A capela da "Virxe do Bo Suceso de Pontevedra" na parroquia de Liñaio no Concello de Negreira e hoxe coñecida coma a Capela de Pontevedra, atópase nun dos paraxes máis fermosos da ribeira do río Tambre. Esta Capela aparece en séculos pasados mencionada con distintas denominacións: A Nosa Señora de Pontevedra, Ermida da Nosa Señora, Virxe do Bo Suceso, etc.. Confirmando a importancia dunha antiga ruta de peregrinación xacobea, anexa a mesma consérvase os restos dunha edificación, que facía as funcións dun Hospital de peregrinos que servía de descanso aos camiñantes.

Descoñecemos a data da fundación deste antigo Hospital, o cal debeu ter a súa importancia posto que no marco dunha das súas portas atopamos gravada unha Cruz patada, ou sanxoanista. Este era o símbolo da Orden do Hospital ou de San Juan de Jerusalén, orden que se encargaba da atención e o coidado dos peregrinos. Aínda no século XVIII consta documentalmente a presencia dun ermitaño a cargo da Capela e do Hospital. Coñecida como Orden de Malta, dende que o emperador Carlos V cedéselles a posesión desta illa, a antiga Orden do Hospital de San Juan de Xerusalén foi a primeira das dúas grandes ordenes militares europeas en aparecer. Fundada en 1048 en Xerusalén por mercadores de Amalfi as orixes desta orden, foron as dunha confraría piadosa, encargada do mantemento dun hospital destinado aos peregrinos. Axiña colocada baixo a advocación do patriarca de Alexandría, San Juan o Limosnero e tutelada polos benedictinos, a Orden do Hospital de San Juan de Jerusalén admitiu a partir de 1137 a cabaleiros no seu seo adquirindo durante o goberno de Raimundo de Puy (1120-1160), o seu carácter militar, centrado na defensa de Terra Santa e na protección aos peregrinos.

En 1154, baixo o pontificado de Adriano IV, os hospitalarios ou sanjuanistas recibiron importantes doazóns e, ao ano seguinte, dotáronse duns estatutos propios similares aos dos cóengos premostratenses. En Galicia a orden do Hospital, e os Sanxoanistas ocupáronse da protección dos camiños de peregrinación. A existencia á beira do Tambre, nun fermoso paraxe chamado “Pontevedra” (de pons vetera), situado preto a unha antiga ponte e a unha capela, ademais da presencia dun importante patrimonio mobiliario cun hospital e unha fonte medieval, é sinal arquitectónica da utilización dunha vía antiga de peregrinaxe.

As Ermidas da Virxe do Bon Suceso forman parte do inmaterial hagiográfico do Camiño de Santiago como o amosa esta outra lenda da Virgen del Buen Suceso de Nocedo (Asturias) no camiño de San Salvador de Oviedo:

“ Gonzalo Villalobos llegó [...]sobrecogido por lo que acababan de ver sus ojos. El día había amanecido limpio. Eran las últimas fechas de mayo; el fríose apodera de las mañanas […] con el aire que rozaba los últimos rincones de nieve de las montañas que lo circundan. Nocedo tenía el sol, aquella mañana, colándose entre los árboles, por calles, balcones y ventanas. Aquella mujer […] sobresaltó al ver llegar a su hijo[…]. El jadeo le impedía al muchacho acabar las frases o precisar su pronunciación. -¿Qué es lo que ocurre?,-preguntó la mujer […] -! Habla, Gonzalo, dí qué ha pasado! […] -hablaba Gonzalo entrecortando las palabras. Estábamos mi padre, y Álvaro Díaz, y Juan Mirones, y Martín de Llanos... unos cuantos, lanzando el sedal a la parte de allá del pozo de arriba [...] Y entonces apareció entre las paleras un resplandor intenso – [...] Y después una imagen, sonriente y hermosa [... ] Era la Virgen, madre. !Era la Virgen! !Y estaba allí,estaba allí!... Apenas pronunciada esta última frase, el muchacho salió de casa corriendo en dirección al lugar al que se acababa de referir. Su madre […] salió a la calle, olvidando cuanto traía entre manos. Y voceó el nombre de las vecinas más próximas […] conmovidas con el "buen suceso" que les acababan de contar. No fue necesario mucho tiempo para que todos los vecinos estuviesen presentes en aquel punto del río. Y para que todos opinasen qué hacer con aquella imagen que […] permanecía en la orilla. La decisión fue prácticamente unánime. La colocaron con cuidado sobre el altar de la iglesia de la localidad. Y se aseguraron de que la puerta, habitualmente abierta, quedase perfectamente cerrada. [Al día siguiente] la imagen de la Virgen de las Aguas, como algunos la llamaron, […] no estaba allí. Buscaron por los más insólitos rincones de la iglesia y sus alrededores […] Un grupo reducido, entre quienes estaban los pescadores protagonistas del acontecimiento que había roto la rutina del pueblo, contemplaron la misma imagen sobre las aguas del río. Exactamente donde la habían visto el día anterior. Y otra vez […] tomaron la misma decisión: la imagen volvería a la iglesia. Y se repitió la misma historia. Un día, otro... hasta seis. Al séptimo día, la imagen no estaba sobre las aguas del río.

Buscaron de nuevo. La localizaron cerca del lugar habitual. Apenas doscientos metros. Pero ahora al lado del camino por el que llegan los peregrinos jacobeos que deciden alcanzar San Salvador de Oviedo. El pueblo entendió el mensaje. Levantaron una pequeña ermita. En ella, desde entonces, veneran los peregrinos y habitantes de los alrededores la imagen aparecida un día sobre las aguas. El santuario, cuyo edificio se comenzó a construir en 1766 -reformado y ampliado en 1834- contiene una hermosa talla, policromada y dieciochesca, de la Virgen, patrona de la comarca, de todos conocida con Virgen de Buen Suceso.“

A autoridade de López Ferreiro, non só constata esta vella ruta senon que, o grande historiador sostiña que por esa zona transitaba una Vía Romana secundaria que cruzaba o Tambre por unha Ponte situada entre os lugares de Ons ( Brión ) e Negreira.

“La propuesta de López Ferreiro es la que sigue: “La vía desde caldas de reis (Aquis Celenis) por espacio de 3 kms, hasta Bemil, seguía por el mismo camino que la vía 19. En Bemil tomaba dirección oeste y atravesaba por entre las sierras de Xiabre al sur y la de Sinagoga al norte. Desde el agro de Mateo Conde comenzaba a descender por la vertiente que mira al Ulla, bajando al lugar de Coaxe por junto a la iglesia parroquial de San Pedro de Dimo. Entraba en la parroquia de Oeste y pasaba por los lugares de Bayuca, y de Raña. Continuaba hasta llegar a Cabreiras en donde hay un pequeño muelle sobre el Ulla, atravesaba el río en barcas e iba a dar al lugar de Bacariza. Pasaba por la parroquia de Santa Maria de asados en dirección al lugar de Marquesa y seguía a continuación por la parroquia de San Salvador de Taragoña por los lugares de Te y Burato, y atravesaba el río Beluso. Desde aquí trepa por las laderas de la sierra del Barbanza, encaminándose por los lugares de Velles de Abajo, y Velles de Arriba hasta llegar al lugar de Enseño, en la parroquia de San Andrés de Cures desde donde acometía la subida hasta el alto de Coto de Amoreiras y desde aqui bajaba por la vertiente opuesta por dos ramales, uno de los que pasa por cerca de la iglesia de Santa María de Nebra, dirigiéndose el otro a Baroña. Aquí se completan aproximadamente los 195 estadios que cita el itinerario antonino a Aquis Celenis, por lo tanto en este lugar hay que situar la estación Vico Spacorum. Desde aquí la vía tomaba dirección Norte, y seguía la línea de la costa pasando por los lugares de Cans y Pinilla en la parroquia de Nebra hasta llegar a Portosín. Siguiendo dirección Norte, pero sin abandonar la costa, atravesaba los lugares de Ornanda y Boiro en la parroquia de Miñortos hasta llegar a Taramancos en la parroquia de Boa. Desde aquí retrocede al sureste y por los lugares de Parque, Chan de Maroñas, Pociña, Portela, y Chainza en la parroquia de Obre, por el campo de Noia, por la Peña de Oro y otros lugares de la parroquia de Argalo, atravesaba el río Tallara en el sitio que hoy ocupa el puente llamado San Francisco. Se dirigía, luego, al norte por los lugares de Sueiro, Argote, y Coto Y atravesaba el río Traba y seguía por los lugares de Outomil, Calzada, y Manle. En esta zona se cumplen los 150 estadios que da el Itinerario Antonino entre Vico Spacorum y Ad duos Pontes, por lo que esta mansión se ubicaría en la parroquia de Santa María de Barro, en donde existen abundantes restos romanos. Desde aquí la vía sigue el curso del Tambre, pasando por la parroquia de Santa María de Roo, por la de Luaña, por la de Santa Maria de Viceso, por la de Ons, hasta atravesar el Tambre no lejos de la capilla de Santa María de Pontevedra, en el lugar de A Gándara entre las parroquias de Ons Y Negreira. Seguía por la parroquia de Gonte, atravesaba el territorio de Barcala y Xallas hasta San Pedro de Brandomil donde se cumplen los 180 estadios que el itinerario pone entre Ad Duos Pontes Y Glandimirum”.

Aquí na nosa terra existe unha lenda, lenda que está reflexada no escudo municipal, e que dí o seguinte:“ ían fuxindo os discípulos do Apóstolo cos seus restos cando chegaron a ribeira do Tambre. Cruzárono por unha pequena ponte e xusto nese momento sucedeu algo inesperado e milagroso, a Ponte derrubouse impedindo así que os perseguidores puideran cruzar o río..”Este suceso ou lenda está recollida en innumerables escritos: “da ponte que se fundiu no Tambre cos perseguidores dos discípulos do Apóstolo, conservase mais viva a memoria no pais. Esto di ao respecto D. Mauro Castellá: Esta ponte así caída e que nunca máis se reedificou chámase a Ponte de Ons e a razón é por que espantou tanto aquel milagre ás xentes que lle quedou este nome, por que en lingua galega cando se espantan dalgunha cousa din “ ou miray esto “ e de este espanto ou admiración déronlle este nome “ ( texto recollido no libro Orixes da Igrexa Compostelán ). Neste mesmo libro tamén apúntase o seguinte: “ ... Por último na parroquia de Liñaio, preto do Tambre, existe unha ermida que antigamente foi parroquia dedicada á Nosa Señora. É coñecida esta ermida no pais con o nome de Capela de Pontevedra ou do Bo Suceso. Estas denominacións, en especial a última, parecen unha alusión ao glorioso triunfo dos discípulos de Santiago”

CONCLUSIONS

Estando testemuñada unha vella ruta de peregrinación asociada a un antigo camiño, capela con hospedaría, e a ponte de Pontevedra, e posible que esta ponte e camiño estivesen a veira dunha antiga vía secundaria de época romana que conectaría coa vía principal o sector norte da Península de Barbanza. Á importancia que ten este conxunto etnográfico, histórico e paisaxístico para o propio Xacobeo e para o desenvolvemento sostible desta parroquia do Concello de Negreira, nos obriga a potenciar a celebración que todos os anos se fai no lugar na honra da Virxe do Bo Suceso, e a acometer unha necesaria rehabilitación dun conxunto tan importante e de tanto valor.

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA