VOLUNTARIADO

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Servizo de Voluntariado Social

Este servizo ten como obxectivo xeral ofrecer a posibilidade de colaboración ás persoas que o soliciten (voluntarios), e ofrecer axuda ós que o demanden atendendo a unhas pautas de prioridad. Outros dos seus obxectivos son os seguintes:

- Creación de servizos que faciliten recursos para afrontar situacións de carencias de necesidade primordial.

- Crear hábitos de ocio saudable.

- Fomentar a ecoloxía e a necesidade de controlar os recursos naturais.

- Fomento do voluntariado e da participación.

- Fomento da cultura e á introducción de temas de interese xeral.

- Fomento da solidaridade.

- Facilidade de acceso e iniciación ás novas tecnoloxías.

- Fomento da integración.

Sectores aos que vai dirixido o proxecto de voluntariado

- Mairores, discapacitados, mozos/as, mulleres, infancia e familia, inmigrantes, cooperación, minorías étnicas, medio ambiente, enfermos e organizacións de autoaxuda, ...

Programas

ROUPEIRO MUNICIPAL:

Dirixido a familias de escasos recursos económicos, usuarios do servicio de axuda no fogar, peregrinos, etc.

PROGRAMA DE RECOLLIDA DE XOGUETES:

Dirixido aos nenos e nenas das familias de escasos recursos económicos prioritariamente, a escola infantil municipal, á Fundación de discapacitados psíquicos...

RECOLLIDA DE MOBILIARIO:

Familias de escasos recursos económicos do concello de Negreira.

RECOLLIDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR:

Familias de escasos recursos económicos.

RECOLLIDA E ENTREGA DE LIBROS (NON DE TEXTO) E MATERIAL AUDIOVISUAL:

Colaboramos con varias entidades como penitenciarías, ONG, Fundación de discapacitados...

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE GAFAS:

Entréganse a familias de ecasos recursos económicos do Concello, facemos envíos ao Sahara a través dunha ONG colaboradora.

CLASES DE INFORMÁTICA E INTRODUCCIÓN A INTERNET PARA ADULTOS:

Búscase o achegamento das persoas maiores ao mundo das novas tecnoloxías.

TALLERES PARA DISCAPACITADOS PSÍQUICOS:

Taller de habilidades adaptativas para discapacitados enfocado a ensinarlles a empregar o seu tempo libre de feito constructivo mediante a adquisición de habilidades útiles para a súa vida diaria.

HIPOTERAPIA:

Introducción ao mundo do cabalo para discapacitados psíquicos. Nesta actividade facemos varias visitas a granxas escola de cabalos que colaboran co servizo de voluntariado de forma gratuíta.

USO DOS RECURSOS DE COMUNIDADE E INTEGRACIÓN PARA DISCAPACITADOS PSÍQUICOS:

Diferentes visitas a exposicións, servizos e actividades lúdicas, para que o colectivo de discapacitados psíquicos coñezan os recursos existentes no seu contorno.

LABOR TERAPIA:

Axuda a eliminar o estrés e a combater a depresión, despertando a nosa parte máis creativa e aportando claridade aos pensamentos. Fortalece os lazos sociais, axuda a superar problemas de motricidade...
Este programa inclúe as seguintes actividades:
Taller de corte e confección, Labores de Nadal, Taller de patchwork, Taller de muñequería, etc.

RECUPERACIÓN E MANTEMENTO DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E CULTURAL DO CONCELLO:

No que se pretende valorar o legado cultural dos nosos antepasados, protexer, conservar e promover o legado material e inmaterial para as xeracións futuras. Promovendo así a consolidación de valores.
Aprender a emprender novas ideas que poden chegar a autocreación de emprego.
Esta actividade engloba os seguintes talleres:
Taller de bordado, taller de aprendizaxe do encaixe de bolillos, taller de punto de cruz, taller de encaixe de horquilla, ...

Contacto:

Laura Maria Platas Casais

VOLUNTARIADO

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA