DIRECTORA DO SERVIZO E ASESORAMENTO XURÍDICO

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 8:00 a 15:00 (luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

De 8:00 a 15:00 (luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Centro de Información a Muller

Este servizo ten como obxectivo a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres e dos homes, removendo os obstáculos que impidan a participación e a integración da muller na vida social, cultural, educativa, económica e política.

O centro proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ó soliciten. Así mesmo, este centro de información proporciona información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades ós grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.

Funcións:

Información e asesoramento xurídico.

Atención psicolóxica.

Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.

Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.

Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller.

Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos pola Secretaria Xeral de Igualdade.

Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial importancia na consecución do principio de igualdade.

Atención específica a mulleres vítimas da violencia de xénero, poñendo a súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso ós recursos existentes na Comunidade, a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.

Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ó órgano competente.

Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.

Calquera outra actividade que se adecúe ó obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Áreas de actuación:

O servizo ofrece asesoramento legal e atención psicolóxica:

    Área xurídica:
  1. Dereito de familia
  2. Dereito civil, fiscal, administrativo, penal e laboral
  3. Seguridade social
  4. Xustiza gratuíta
  5. Área de emprego e orientación profesional
  6. Área de recursos
    Psicóloga:
  1. Atención psicolóxica.
  2. Realización de valoracións e orientacións psicolóxicas.
  3. Intervencións individuais. Neste punto é dónde se realiza a maior parte do traballo que a psicóloga leva a cabo incluíndo citas presenciais así como un seguimento das usuarias.
  4. Realización de informes psicolóxicos naquelos supostos nos que foran solicitados por organismos públicos.
  5. Realización de prácticas de grupo e talleres de diferentes temáticas.
  6. Participación nas actividades do Centro de Información ás Mulleres.
  7. Colaboración na elaboración de memorias e documentos.

Actividades e cursos: Actividades de conciliación e actividades en prol da igualdade entre mulleres e homes o longo do ano, con especial énfase nas actividades contra a violencia de xénero.

Contacto:

Rosa Mª Fuentes Cambeiro. Directora do Servizo e Asesoramento Xurídico.

Natalia Súarez García. Atención Psicolóxica.

DIRECTORA DO SERVIZO E ASESORAMENTO XURÍDICO

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 8:00 a 15:00 (luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

De 8:00 a 15:00 (luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA