Situado no Polígono Industrial de Covas, cada usuario cando chegue ao centro deberá identificarse co seu DNI, ou mediante un xustificante de que está empadroado/a no concello de Negreira.
Luns a xoves: 10:00 a 14:00
Venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Sábados : 10:00 a 14:00
Os domingos e festivos, a instalación permanecerá pechada.
Este horario podería ser susceptible de cambios segundo as necesidades do servizo, dándose a coñecer os cambios a través de Bandos da Alcaldía.
DNI ou un xustificante de empadroamento de que é residente no Concello de Negreira.
Envases de vidro (botellas, frascos ou tarros)
Cristal e cerámica (pratos, vasos, ou espellos)
Papel e cartón
Textiles (prendas de roupa, fogar, ou calzado)
Mobles de madeira
Aceite usado para cociñar
Cascallos de pequenas obras caseiras
Grandes aparellos electrodomésticos sen gas clorofluorcarbono (CFC), dígase lavadoras, lavavaixelas, secadoras, cociñas ou fornos.
Pequenos electrodomésticos (fornos microondas, tostadoras, cafeteiras eléctricas, calefactores portátiles, aspiradoras, máquinas de coser, maquinillas eléctricas de afeitar, taladradoras, serras eléctricas, consolas infantís, videoxogos, radios, cadenas de alta fidelidade, vídeos, cámaras fotográficas, videocámaras, impresoras, escáneres, teclados e ratóns de ordenador, CPUS, terminais de fax, ou teléfonos inalámbricos).
Voluminosos (colchóns e somiers)
Restos metálicos do fogar (tixolas, cascanoces, sacacorchos, perolas, potas, tazas, tarteiras, aceiteiras e vinagreiras metálicas, botes de galletas, coitelos, culleres, tenedores, cazos, espumadeiras, cucharóns, moldes de repostería, ou bandexas, etc.)
Outros restos metálicos (pezas de automóvil, mobiliario, tubarías, grifaría, fregadoiros, cañarías, lámpadas, esculturas metálicas, maceteiros, cerrajerías, cadeiras e mesas, así como partes delas, lavabos, bañeiras, pratos de ducha, estanterías, armarios, xaboeiras, marcos de espello, barra de ducha, toalleiros, regadeiras de ferro, ou bancos, etc.)
Electrodomésticos con gas CFC (frigoríficos, conxeladores, aparellos de aire acondicionado, ou desumificadores)
Pilas e baterías
Pantallas de tubos catódicos (televisores, monitores de ordenador), pantallas de LCD ou plasmas, ordenadores portátiles.
Fluorescentes e bombillas de baixo consumo
Botes de aerosol
Pinturas, disolventes e varnices
Termómetros e radiografías
Cartuchos de fotocopiadora e de impresora (tóner)
Aceites de motor
Materia orgánica – agrícolas, de horta ou gandeiros – de actividade industrial – de actividades mineiras ou extractivas – animais mortos- sanitarios (medicamentos, infecciosos, clínicos ou citolóxicos) – radioactivos (pararraios) – neumáticos – uralita (amianto) – e calquera outro residuo sen clasificar, ou que non se poida identificar previamente na categoría dos que se admiten.
* PILAS: Na entrada á Casa do Concello, na entrada ó Centro de Saúde, na praza do Concello, e no campo dá feira.
* ACEITE DO FOGAR: Rúa Teresa Fabeiro, na praza do Concello, avenida de Barcala, avenida de Santiago, Carreira de San Mauro, taberna de Zas, e taberna de Barbazán.
* PLÁSTICOS AGRÍCOLAS: Bugallido, Pedralonga, e Punto Limpo.
664 04 26 01