CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rua do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Presentación

O servizo de Orientación Laboral créase no marco da colaboración, dende agosto de 2008 ata a actualidade, entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Negreira.

O obxecto desta colaboración é levar a cabo accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional (IPI) e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria co Concello de Negreira, como instrumento para promover a mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no SPEG.

Son funcións propias da orientadora laboral todas aquelas actuacións de información, orientación profesional, motivación, asesoramento, diagnóstico e determinación do perfil profesional e de competencias, deseño e xestión da traxectoria individual de aprendizaxe, busca de emprego, intermediación laboral e, en resumo, as actuacións de apoio á inserción das persoas beneficiarias.

Podes solicitar cita de orientación laboral na túa oficina de emprego ou a través da Oficina Virtual do SPEG.

    Ademais… que outras actuacións podes solicitar neste servizo?
  • Adestramento na adquisición e mellora de estratexias para a busca de emprego: redacción de CV e cartas de presentación, preparación de entrevistas de traballo…
  • Consulta de datos administrativos e informes do SPEG.
  • Solicitude de información sobre, prestacións, servizos dos Servizos Públicos de emprego, ofertas de emprego, procesos selectivos, mercado laboral, programas de formación e emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (programas de mellora da empregabilidade, obradoiros de emprego, programación AFD, programas integrados de emprego…)
  • Axuda na tramitación de documentación para inscrición en procesos selectivos, listas de traballo temporal, procedemento de recoñecemento de experiencia profesional, competencias clave…
  • Apoio na realización das tarefas de busca activa de emprego exisidas na solicitude de subsidios por desemprego e programa PREPARA.
  • Información e apoio para o rexistro e inscrición en portais de emprego, Axencias de colocación, ETT, bolsas de emprego…
  • Inscrición na Bolsa de Emprego do Concello de Negreira.
  • Xestión a través dun sistema de intermediación das ofertas de emprego incluídas na Bolsa de Emprego.
  • Solicitar cita previa no SEPE para solicitar prestacións
Redes Sociais
Enlaces a boletíns oficiais

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rua do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA