CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Escola Infantil

Presentación:

A Escola Infantil Municipal de Negreira está ubicada nun edificio de planta baixa, situado na rúa de Castelao s/n.

O local atópase nunha zona de fácil acceso, moi próximo ó centro de saúde, ó Centro de Educación Infantil e Primaria e ó Instituto de Educación Secundaria.

A Escola Infantil é de titularidade municipal é está xestionada polo Concello e financiada polo propio Concello.

Terán preferencia os empadroados no Concello de Negreira.

Escola infantil

Descrición das instalacións, niveis educativos e servizos:

Niveis educativos que escolariza: número de unidades

A E.I.M. atende ó primeiro ciclo da Educación Infantil nos seus tres niveis.

A escola pode atender un número máximo de 71 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os tres meses e os tres anos de idade, é dicir, ata o seu ingreso no segundo ciclo da Educación Infantil.

O número de unidades coas que conta a escola son cinco:

Nen@s ata 1 ano UNIDADES NÚMERO DE NENOS (por unidad)
1 8
Nen@s ata 1-2 anos 2 13
Nen@s ata 2-3 anos 2 20 - 17

Descrición das instalacións

Entre as súas instalacións ou dependencias cabe destacar os seguintes espazos:

ESPAZOS INTERIORES:

Vestíbulo- recepción.

Dirección.

Sala de xogos ou patio de usos múltiples, situada no centro da escola de 106.45 metros cadrados.

Aula de bebés ou de nen@s de o-1 anos. Esta aula dispón dunha área diferenciada para cunas, así como dous cuartos ou habitáculos, un deles destinado á preparación de alimentos e outro para a hixiene.

Aulas de 1-2 anos. Unha aula dispón de aseo, cuarto para a hixiene e un almacén para o material e a outra de aseo e cuarto para a hixiene no mesmo espazo.

Aulas de 2-3 anos .Unha aula dispón dun aseo e almacén para o material e a outra só de aseo.

Cociña con despensa e almacén.

Comedor.

Dous almacéns para xoguetes, materiais,...

Cuarto limpeza.

Aseos e vestiarios do persoal.

Cuarto de caldeira e cuarto de déposito de gasoil.

ESPAZOS EXTERIORES:

Aparcadoiro para os carriños.

Zona verde e patio exterior .

Servizos que ofrece a escola e prezos

A E.I.M. de Negreira ten unha misión en boa parte educativa, xa que a maioría do tempo que os nenos e nenas pasan nela realizan algún tipo de tarefa educativa como poden ser: traballos de aula, de hixiene, hábitos de xogo,etc. Pero, ó mesmo tempo realiza unha función social de axuda ó medio familiar.

Entre os seus servizos atópanse os seguintes:

Servizo de atención e coidado ós nenos e nenas de 0-3 anos, xa que a escola permanece aberta de 8.00 horas da mañá a 20.00 horas da tarde.

Servizo de cociña, debendo os usuarios levar a comida preparada da casa.

Horario amplo, a escola mantén as súas instalacións abertas de forma ininterrompida durante 12 horas diarias.

O importe máximo polo servizo da escola infantil fíxase en 164,01 euros mensuais tendo en conta o Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro.

Segundo a renda da unidade familiar, aplicaranse sobre dito importe unha serie de reduccións.

O servizo de cociña fíxase en 10 euros mensuais. Este servizo tamén ten as súas correspondentes reduccións.

Para aqueles nenos e nenas que non utilicen habitualmente este servizo e que excepcionalmente, e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 0.50 céntimos de euro por día.

E para o horario ampliado, o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario será de 20 euros. Se o incremento é nun día solto, o prezo será de 2 euros cada hora incrementada.

Horario:

A escola presta os seus servizos ós nenos e nenas de luns a venres, agás festivos de setembro a xullo.

Sempre e cando exista demanda o seu horario regular de funcionamento será dende as 8.00 horas da mañá ás 20.00 horas do serán, coa excepción do mes de xullo que será de 8.00 a 16.00 horas.

A escola non dispón de servizo de comedor pero si de cociña, debendo os usuarios levar a comida preparada das súas casas (almorzo, xantar e merenda).

En canto ós horarios das comidas, procurando respetarse sempre para non interromper a dinámica propia da escola son:

horario de almorzo de 8.00 a 9.30 horas.

horario de xantar de 13.30 a 14.30 horas.

horario de merenda de 17.30 a 18.30 horas.

Horarios Actividades Espazos
8.00 - 10.30

Recepción dos alumnos

Almorzo.

Actividade común

Espazo común/patio.

Comedor.

Patio.

10:30-12:45

Actividade de aula.

Recreo

Aulas.

Patio

12:45-13:30

Actividade común.

Saída da mañá.

Patio
13:30-14:30 Xantar. Comedor
14:30-16:00 Descanso ou xogos. Espazo común/patio.
16:00-17:30 Actividade común. Espazo común/patio.
17:30-18:30 Merenda Comedor.
18:30-20:00

Actividade común.

Saída

Espazo común/patio.

Información Adicional:

Matricula

Solicitude de novo ingreso

Prazo: do 1 ó 15 de abril.

Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Negreira en horario de 9.00 a 14.00 horas.

    Documentación:
  • Solicitude de novo ingreso
  • Certificado de empadroamento e convivencia
  • DNI do nai, pai ou titor
  • Libro de familia
  • Última declaración da renda
  • Última nómina ou xustificación da situación laboral dos pais
  • 2 fotos do neno ou nena.
  • Outros documentos que procedan: certificado médico do neno ou nena, carné de vacinacións, tarxeta sanitaria, domiciliación bancaria.

Solicitude de renovación de matrícula

Prazo: do 1 ó 15 de abril.

Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Negreira en horario de 9.00 a 14.00 horas.

    Documentación:
  • Última declaración da renda dos pais
  • Calquera outra circunstancia que varíe a situación socio-familiar.

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA