Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 120 adultos disfrutaron destas escolas o pasado curso, que contou coas seguintes actividades: Atletismo, Aerobic, Baloncesto, Multideporte, Patinaxe, Predeporte, Tenis, Ximnasia Rítmica, Ximansia de Maiores e Ximnasia de Mantemento.
O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan para este ano unha importante partida económica, co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades deportivas Municipais. Dous Coordinadores e 12 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.
Un dos maiores compromisos nos últimos anos, foi o de mellorar as Escolas Culturais, incrementado a oferta, para esta tempada estanse a ofertar os seguintes cursos: