auditorio

 

A Corporación Municipal de Negreira, por unanimidade dos seus membros, acordou no pleno ordinario celebrado este luns, 12 de setembro, designar co nome de: Afonso Eanes do Cotón, ao auditorio do Centro Sociocultural.


Segundo recolle a proposta da Alcaldía, trátase dunha medida encamiñada a “distinguir este auditorio do outro existente na Casa da Cultura”.


Afonso Eanes do Cotón é o persoeiro máis relevante na historia de Negreira. Foi un trobador e noble, nado en Negreira no século XII e activo nas cortes de Fernando III e Alfonso X. Finou en 1266 acoitelado por outro trobador, Pere da Ponte, en Ciudad Real, onde ten unha rúa co seu nome.


Da súa obra consérvanse arredor dunha vintena de textos, entre eles, quince cantigas de escarnio e maldicir, e dúas de amigo. Foi a súa, unha obra esencialmente satírica.
En Negreira posúe unha rúa co seu nome, e unha asociación cultural leva o nome do insigne trobador das terras barcalesas. O Concello empregou a súa figura en cerámica de Sargadelos para obsequiar aos seus visitantes máis ilustres.

 

powered by social2s

foto1.jpg

 

O venres, día 16 de setembro, ás 20.00 horas, na antiga escola unitaria de Liñaio terá lugar a homenaxe póstuma a Avelino García García, deportado en Mauthausen e veciño de Liñaio. A súa vez, presentaráse o libro “Avelino García García: Raigames profundas”, cuxo autor é José Manuel López Tuñas


A recuperación da historia deste veciño de Negreira foi paralela a tantos héroes galegos descoñecidos e que dende a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), pretenden recuperar.


Despois de moitos anos de traballo, o investigador José Manuel López Tuñas foi quen de sacar á luz a vida do home de Maio Pequeno, un lugar da parroquia de Liñaio, Avelino García García.


O acto de presentación do libro “Avelino García García: Raigames profundas”, conta coa colaboración do Concello de Negreira e maila Asociación de Veciños “O Teleclub”. A edición do libro foi cofinanciada pola Deputación da Coruña e a ARMH.


O acto contará coas intervencións de:

- Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira e presidente da Asociación de Veciños “O Teleclub”

- Carmen García-Rodeja Arribí, voceira da ARMH Galicia

- José Manuel López Tuñas, autor do libro.

Haberá outras intervencións xunto coa actuación musical de Carmen Torreiro.
Os asistentes serán obsequiados cun exemplar do libro “Avelino García García: Raigames profundas”, e a AAVV “O teleclub” ofecerá uns pinchos.


Avelino Garcia García


Cando as primeiras patrullas da II División do Terceiro Exército do Xeneral Patton fixeron a súa entrada no campo de exterminio de Mauthausen o 5 de maio de 1945, o corazón de "Avelino da Xalleira", como era coñecido entre os seus conveciños, voou na distancia, sen dúbida, a Maio Pequeno. Esta aldea da parroquia de Liñaio en Negreira foi onde pasou parte da súa infancia na compaña da súa nai Isolina.


O campo de concentración de Mauthausen, en Austria, foi o destino que agardou a casi 10.000 republicanos españois que ao final da Guerra Civil se refuxiaran en Francia. Entre eles, perto de 200 galegos caeron vítimas dos nazis no que foi calificado como un xenocidio, un dos crimes máis sanguinarios da historia da Humanidade.


Procedentes de diversos lugares das catro provincias, na meirande parte das localidades costeiras, só uns poucos sobrevivirían en 1945, cando o campo foi liberado polas forzas aliadas.


Avelino García García emigrou a Francia con 15 anos, en 1929, e retornou a España para participar na Guerra Civil e defender ao seu país contra o fascismo.
Xunto con outros españois foi enviado a Barcelona. Formou parte da 5ª Compañía do 6º Batallón, 120 Brigada da 26 División do Exército, como un soldado máis, participando nas operacións militares que tiveron lugar contra os sublevados.


Finalizada a contenda, voltou de novo a Francia e formou parte da Compañía de Traballadores Estranxeiros perto da Liña Maginot, a defensa construída ao longo da fronteira con Alemania e Italia, cavando trincheiras. Logo da invasión do país francés polos nazis foi detido polas forzas alemanas, en maio de 1940, e xunto con outros mozos republicanos estivo recluído no stalag (campo de prisioneiros) de Fallingbostel, actual estado da Baixa Saxonia. Foi dos primeiros deportados en chegar ao campo de Mauthausen, cunha expedición de 1.506 xóvenes compatriotas despois de viaxar dous días nun tren utilizado para transporte de animais. Chegaron a mañán de 27 de xaneiro de 1941.


Avelino García García foi tatuado co número de deportado 6794 que o acompañaría para sempre, xunto cos terribles pesadelos vividos nese inferno. Durante dous anos, na compaña de 300 españois, sairía todos os días a traballar nunha fábrica de motores de aviación, montando a parte metálica, pois no entorno dos campos ubicábanse as máis importantes empresas alemanas que utilizaban a man de obra escrava dos deportados. Logo foi trasladado ao subcampo de Güsen a traballar nun tunel con un martelo picón, e posteriormente destinado a conducir un tren que trasladaba o material mineiro. Así foi ata dous días antes da liberación en que os alemáns abandoaron o campo.


A ledicia dos deportados comezou a esvaecerse pouco a pouco para os españois, ao seren informados de que non serían retornados ao seu país ao seren declarados apátridas polas autoridades franquistas, polo que tiñan que ficar en Francia, onde, desta volta si, foron acollidos como loitadores pola liberdade e a democracia.


Avelino comezou unha nova vida no país veciño e formou unha familia. Na localidade de Pessac (Burdeos) viviu integrado na Federación Nacional dos Deportados e Internos, Resistentes e Patriotas (FNDIRP) da que foi secretario, participando en numerosos actos públicos e oficiais.
As secuelas psicolóxicas e físicas acompañárono durante o resto da súa vida. Finou nesa localidade da Gironde, onde gozaba de moita estima, o 12 de maio de 2016 aos 102 anos de idade.


Durante toda a súa vida foi un exemplo de compromiso coa Democracia e os Dereitos Humanos e así recoñecido coa medalla de ouro ao deportado da República Francesa.

powered by social2s

fotoweb.jpg

 

A Corporación Municipal de Negreira celebra unha sesión, con carácter ordinario, o luns, día 12 de setembro, ás 21:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á orde do día que se relaciona:

 

1º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno ordinario: do nº 195/2022 ó nº 240/2022, ambos inclusive.

2º.- Asignación de nome ao Auditorio do Centro Sociocultural, da denominada nova Casa da Cultura.

3º.- Rogos e Preguntas.

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf

powered by social2s

 WhatsApp Image 2022-05-16 at 10.42.28 AM.jpeg

 

O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades Deportivas e Culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 30 de setembro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, situado na Casa de Cultura.


Para facer efectiva a matricula en calquer Actividade Cultural o Deportivas, tes que facer os seguintes pasos:

1.- Cubrir a Folla de inscrición das  actividades que che interesen:

1.1 -Vermella: Actividades Deportivas.

1.2-Marrón: Actividades Maiores Ximnasia,  Aerobic, Padel, Ioga, Zumba.

1.3-Verde: Actividades Culturais.


2.- Entregar a Folla de inscrición cuberta.


Na Oficina de Cultura e Deportes ou enviar escaneado o documento ó email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


3.- Pagar a Cuota de inscrición na conta do Concello de Negreira

ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (ABANCA)
ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (SABADELL)

4.- No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.


5.- Prezo:


ACTIVIDADES NORMAIS:


-1 actividade 60 €, 2 actividades 52,50 €, 3 actividades 45 €


En caso de ser familia directa (pais/fillos):

- Prezo 2 irmáns 52,50 €, 3 irmáns 45 €


XIMNASIA MANTEMENTO:

- 1 actividade 50 € (non ten desconto por máis actividades)

XIMNASIA MAIORES:

- 1 actividade 40 € (non ten descontos por máis actividades)


6.- Tes que enviar copia do recibo o email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou entregala de forma presencial na oficina de Cultura e Deportes.


7.- Para calquera dúbida podes chamar o teléfono 981.885 886


8. - Recorda que as clases comenzan o día 10 de  outubro.

 

powered by social2s

negreira blanca millan

 

A xogadora profesional de baloncesto, Blanca Millán, desfrutou dunha pretempada persoal nas instalacións do Pavillón de Pedra Mámoa. “Era unha oportunidade moi boa para min e, de feito, axudoume moito esta pretempada”. Así mostrou o seu agradecemento a Negreira esta deportista nada en Santiago no ano 1998. Leva dende que era unha nena no mundo do baloncesto, o que a levou á máxima categoría nacional tras moitos anos de esforzo.

 

Na nosa vila púidose preparar para a súa nova etapa como xogadora do Ensino Lugo. Blanca Millán volve así a Galicia despois de pasar varios anos fóra. Formou parte da liga universitaria dos Estados Unidos, onde cursou os seus estudos na Universidade de Maine. Incluso estivo a punto de entrar na WNBA. Pero o ano pasado regresou a España para desputar a súa primeira campaña como profesional no Spar Gran Canaria.

 

Blanca Millán estivo en Radio Negreira para falar sobre o seu paso polo noso concello. Pero, ademais, expresou as súas sensacións nos seus primeiros días como xogadora do Ensino Lugo, no que pasará a súa segunda tempada na Liga Feminina Endesa.

 

Escoita a entrevista aquí:

https://www.concellodenegreira.gal/attachments/article/2875/Blanca%20Mill%C3%A1n.mp3

powered by social2s