A Corporación de Negreira está covocada a sesión ordinaria do pleno que terá lugar o próximo día luns día 8 de xullo ás 21:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Orde do Día:
Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº146/2024 ó nº 223/2024, ambos inclusive.
Segundo.- Ratificación do Decreto 139/2024, relativo á 1ª Emenda Do Proxecto "Aglomerado Viales Municipales Ac-447-Portor" (Pos +2024). (Expte. Tramitación de Decretos número 2024/G003/000150)
Terceiro.- Ratificación do Decreto 212/2024 relativo á aprobación definitiva do Plan de Incendios. (Expte. Tramitación de Decretos número 2023/G003/000235)
Cuarto.- Aprobación do orzamento municipal para o ano 2024. (Expte. número 2024/T004/000001)
Quinto.- Modificación de ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana IIVTNU (Expte.número 2024/G016/000001).
Sexto.- Esquema Nacional de Seguridad (ENS). Aprobación normativa de uso de medios electrónicos.
Sétimo.- Esquema Nacional de Seguridad (ENS). Aprobación política de seguridad.
Oitavo.- Rogos e Preguntas.
Xa está aberto o prazo para formalizar as preinscricións nos Campamentos Val de Barcala con data límite do 15 de xullo.
Unha vez rematado este prazo realizarase unha reunión informativa e o sorteo de prazas o martes 16 de xullo ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira.
O campamento levarase a cabo do 26 de agosto ao 4 de setembro e están dirixidos a nenos nados entre 2009 e 2016, que se irán ata o Albergue Xuvenil Espiñeira en Boiro. O custo de participación é de 60 euros, cun desconto especial para irmáns, quedando en 55 euros cada un.
Para obter máis información, os interesados poden contactar co departamento de cultura chamando ao teléfono 676 454 879 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Unha vez rematado o prazo de inscrición do programa do Campamento Urbano Respira e reunido o persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Negreira, procédese a publicar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as para as quendas deste verán.
O Campamento Urbano Respira contará nesta edición cun total de 96 participantes entre xullo e agosto que estarán integrados nun servizo que serve para axudar a pais e nais a conciliar no ámbito laboral.
Ademais o concello dispón tamén doutros servizos como o Diververán, dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre 4 e 12 anos que a partir do luns día 1 de xullo, se incorporan as sesións de manualidades e xogos programadas polos monitores.
O Concello de Negreira comeza o seu programa de actividades deportivas para este verán, dirixido a tódolos públicos e cunha oferta variada que busca fomentar a participación e o exercicio físico durante os meses de xullo, agosto e parte de setembro.
O programa, deseñado polo departamento de deportes, inclúe disciplinas como fútbol, baloncesto, natación e sendeirismo, ademais de actividades específicas para os máis novos, como talleres deportivos e xogos populares.
As actividades levaranse a cabo en diferentes instalacións municipais, como o polideportivo, as piscinas e diversos roteiros naturais da contorna. Haberá, ademais, diversos Campus Deportivos específicos como o “Basket Training Days”, “Clínic de Tenis”, “Campus Voleibol Internacional” e tamén karate e hípica. As inscricións para participar nestas actividades xa están abertas e poden realizarse no departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura.
Trátase do primeiro verán no que o Concello de Negreira realiza un programa deportivo específico para o deporte, ofrecendo espazos de encontro e diversión para persoas de tódalas idades. Ademais, a iniciativa conta coa colaboración de varias entidades locais que achegarán recursos e voluntarios para asegurar o bo desenvolvemento de todas as actividades.
Con esta oferta, Negreira reafirma o seu compromiso co benestar e a súa aposta por un verán activo e participativo, onde o deporte e a convivencia serán os protagonistas.
A exposición achega á cidadanía as políticas da Unión Europea para conseguir a neutralidade climática nas vindeiras décadas. A nosa vila tamén acolle unha actuación de malabares, equilibrios e acrobacias na rúa, con motivo da súa inauguración, este venres 28 de xuño ás 20:00 horas no Parque do Coto.
Esta mostra sobre as políticas verdes da Comisión Europea poderá visitarse durante dúas semanas, ata o 12 de xullo, no Parque do Coto, na capital do Val de Barcala.
O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da Unión Europea para avanzar cara un sistema económico sostible, moderno e competitivo que sexa capaz de facer un uso eficiente dos recursos. Como se explica de maneira accesible nos paneis, o obxectivo inicial é reducir as emisións nun 55% ata 2023 como primeiro paso para acadar a neutralidade climática no ano 2050.
A mostra está acompañada dunha actuación artística que introducirá ao público na temática medioambiental a través de malabares, acrobacias e equilibrios. A cita é o venres 28 de xuño ás 20 horas na pista polideportiva do Parque do Coto.
Despois da parada en Negreira, esta expo itinerante, que xa pasou por Carral, visitará os concellos de Rianxo e Lousame.
Experiencia interactiva
A mostra busca tamén a participación do público asistente a través de dúas experiencias interactivas ás que se pode acceder dende o teléfono móbil. A primeira delas é Estación Verde, un entorno virtual en 3D no que se aloxan vídeos realizados polo alumnado de centros galegos con consellos sobre sostibilidade, contidos didácticos, unha versión virtual da mostra e un punto informativo sobre as funcións do centro EUROPE DIRECT A Coruña, aos que se pode acceder escaneando códigos QR.
Tamén está dispoñible o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room online deseñado para poñer a proba os coñecementos sobre o coidado do medio ambiente do público de todas as idades. Pódese acceder ao mesmo a través da páxina web: https://www.dacoruna.gal/europedirect/escaperoom/
EUROPE DIRECT A Coruña é un centro de información oficial da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña. A misión do centro, que iniciou a súa traxectoria no ano 1996, é traballar coa cidadanía, os medios de comunicación e as entidades locais cos obxectivos de implicar á poboación en temas europeos, así como proporcionar contidos sobre as políticas e as prioridades da UE. Tamén axudar á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral das sensibilidades locais relacionadas coas súas políticas e promover a cidadanía europea activa nas escolas.
Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou ben, no número de teléfono 981 080 331.
Hai tamén máis información dispoñible na seguinte web: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/exposicion-itinerante-pacto-verde-europeo/
Páxina 5 de 264