Esté mércores, día 22 de maio, as oficinas municipais e do departamento de Servizos Sociais, situadas na Casa do Concello, permanecerán pechadas ao público ao igual que as dependencias da Casa da Cultura e mailo Centro Sociocultural, por mor da festividade de Santa Rita, a patroa dos empregados municipais.

 

Lémbrase que o acceso ao Rexistro Xeral do Concello pódese efectuar a través da sede electrónica.

powered by social2s

DSC_1312.JPG

As persoas visitantes poderán explorar contidos informativos, xogos, vídeos, visitas virtuais e experiencias inmersivas que afondarán no coñecemento da Unión Europea e a súa influencia no día a día. Poderase visitar ata o 10 de xuño, na primeira planta da Casa da Cultura.

Esta mostra de Europe Direct Coruña ten a transición dixital en Europa como eixo central e nela pódese experimentar a través de dispositivos multimedia con pantallas táctiles. Dende elas, os e as visitantes poderán acceder a Espazo Europa, unha contorna virtual que mistura 3D e 4D na que se poden explorar os símbolos e valores da Unión Europea, así como a importancia da cultura e a ciencia.

Mesmo hai un apartado adicado ao coñecemento da Intelixencia Artificial (IA), no que a Unión Europea é pioneira na súa regulación e tamén visitas virtuais a institucións europeas e xogos educativos para todas as idades.

 

Máis info na seguinte ligazónhttps://acortar.link/4qieE9

 

powered by social2s

Salón de plenos

A Corporación Municipal do Concello de Negreira celebra Pleno en sesión ordinaria, este luns día 13 de maio, ás 20:00 horas e no Salón de Plenos coa seguinte Orde do día:

Primeiro.- Sorteo para a formación das Mesas Electorais a constituir con ocasión das Eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán con data de 9 de xuño de 2024.

Segundo.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:

- Acta da sesión constitutiva do Pleno da Corporación de data 17 de xuño de 2023.

- Acta da sesión extraordinaria de data 26 de xuño de 2023.

Terceiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 70/2024 ó nº 145/2024, ambos inclusive.

Cuarto.- Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 97/2024 de data 22 de marzo de 2024.

Quinto.- Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 102/2024, de data 25 de marzo de 2024.

Sexto.- Ratificación,se procede, do Decreto de Alcaldía número 130/2024, de data 25 de abril de 2024.

Sétimo.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento de control horario e presenza dos empregados públicos do Concello de Negreira.

Oitavo.- Aprobación inicial, se procede, do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais do Concello de Negreira.

Noveno.- Modificación na composición da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero e incorporación de novos membros.

Décimo.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE relativo ao financiamento da Xunta de Galicia do Servizo de Axuda no Fogar.

Undécimo.- Rogos e Preguntas.

 

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

respira2024.jpg

O Concello de Negreira abre este martes 14 de maio, o prazo de inscrición para o seu campamento de verán, o Campamento urbano Respira a desenvolverse nas instalacións do CEIP O Coto e que está dirixido a familias con menores de 3 anos (escolarizados) a 12 anos. As prazas son limitadas.

Requisitos de acceso ó servizo (poderán acceder o mesmo sempre que cumpra os dous requisitos) :

−Familias empadroadas no Concello de Negreira.

−Familias nas que ambos proxenitores ou titores legais estean traballando ou en situación de busca activa de emprego ou formación laboral.

 

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde dos seguintes criterios recollidos no Regulamento do “Programa Negreira Concilia (Madrugadores e Merendas), Diververán (BOP 8 de marzo de 2022, núm. 45):

1º criterio.− Familias que aporten Informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.

2º criterio.− Familias con fillas/os de mulleres vítimas da violencia de xénero.

3º criterio.−Familias monoparentais. 4º criterio.− Familias numerosas.

5º criterio.− Familias nas que algún das/os proxenitores teñan o seu posto de traballo no Concello de Negreira.

6º criterio.− Calquer usuario/a.

 

O campamento abarca desde o 1 de xullo ao 31 de agosto, podendo as familias elexir as quendas que necesiten, quedando distribuídas da seguinte maneira co seu correspondente prezo público recollido na ordenanza (11 de marzo de 2022):

1ª quenda: 1 ó 15 de xullo

2ª quenda: 16 ó 31 de xullo

3ª quenda: 1 ó 15 de agosto

4ª quenda: 16 ó 31 de agosto

 

Documentación:

− Modelo normalizado de ficha de inscrición

− DNI dos responsables do menor

− Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos

− Tarxeta sanitaria do/a menor

− Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa

− Xustificante bancario de ingreso do prezo público

− Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).

− Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).

 

O horario do campamento será de 8:30 a 14:30 horas. As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades permitindo a entrada e saídas flexibles. Para o bo desenvolvemento das actividades programadas, recoméndase a aquelas familias que non vaian a facer uso do horario completo do campamento, incorporarse ao mesmo sobre ás 10:00 h. e saída a partir das 13:30h.

Exención e bonificación.

 

Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:

1 − Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.

2 − Bonificación: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.

 

O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://negreira.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Negreira, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, desde o 14 ao 28 de maio.

Prezo: 100 €/mes; 50€/quincena.

 

powered by social2s

O Concello de Negreira, abre un proceso selectivo para a contratación de 2 Peóns Forestais, no programa de emprego rural APROL RURAL subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

 

Para poder participar, é preciso estar inscrito na Oficina de Emprego Santiago Norte na ocupación de PEÓN FORESTAL como data límite para inscribirse o 16 de maio de 2024.

 

powered by social2s