O Concello de Negreira vén de rematálos traballos de baremación da listaxe de agarda de persoal laboral temporal de Conserxe e operario de instalacións deportivas, cun total de 32 persoas admitidas, listaxe que permanece exposta no taboleiro de edictos da Casa do Concello e, dende hoxe, tamén vai a estar exposta a listaxe de agarda de persoal laboral temporal de Conserxe do albergue municipal de peregrinos, con arredor de 40 persoas admitidas.

 

Na vindeira semana vaise facer pública a listaxe de agarda de persoal laboral temporal de Conserxe de instalacións culturais, para máis adiante facelo propio coa listaxe de agarda de conserxe do CEIP O Coto.

powered by social2s

Dous equipos do IES Xulián Magariños asisten hoxe á xornada de formación do Club de Debate 2017 no Pazo da Cultura de Pontevedra, de cara a afondar nas habilidades comunicativas para a nova edición do Club de Debate, unha actividade financiada polos nove concellos participantes, entre eles Negreira.

 

Na xornada de formación participan sete equipos, en total 65 estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, de IES de Pontevedra e Negreira. Son o IES Luís Seoane, o Torrente Ballester, o Sánchez Cantón, o IES de Ponte Caldelas e mailo colexio San Narciso, de Marín, quenes participan con cadanseu equipo, mentres que o Xulián Magariños faino con dous equipos.

 

O curso de comunicación para os equipos do Club de Debate estará impartido por Tagen Ata, Lingua e Comunicación, no salón de actos do Pazo da Cultura, para que as mozas e os mozos que van debater o vindeiro 4 de marzo na Fase Zonal de Pontevedra vaian afacéndose ao espazo.

 

Durante tres horas traballarán contidos teóricos e prácticos centrados na comunicación como proceso grupal e social; o papel da voz na comunicación: ton, intensidade, ritmo; a ordenación do discurso oral; a importancia da escoita e os factores que a condicionan; a comunicación non verbal: a mirada e a xestualidade; e outros recursos que axudan a mellorar a comunicación grupal para preparar os debates.

 

Tres fases de zona

 

Na organización e celebración do Club de Debate para este curso colaboran nove concellos: Negreira; Ames; Santiago; Pontevedra; Oleiros; Ferrol; Rois; Teo e Carballo, a través do Servizos de Normalización Lingüística, e que se dividen en tres zonas con fases previas á final. Na fase da zona de Pontevedra este ano colaboran co Concello de Pontevedra, os concellos de Negreira e o de Rois, con dous equipos cada un que debaterán en Pontevedra, o sábado día 4 de marzo.

 

Os obxectivos do Club de Debate son: favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente o uso oral en contextos formais e informais; potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria; promover o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, deixando de lado os estereotipos da mocidade en canto intereses e preferencias e fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

 

A gran final do Club de Debate terá lugar este ano en Compostela, o vindeiro 6 de maio.

 

powered by social2s

O Concello de Negreiraencargouunhaanálise das augas que verte a Fonte de Vilachán, a máis usada polos veciños e veciñas da capital municipal e arredores, de cara a coñecer si os seus parámetros son os adecuados para o consumo das persoas, dada a gran aceptación que ten o líquido que mana deste acuífero.

 

 

Está análisefeita por Laber laboratorio realizouse entre os días 22 e 23 de decembro de 2016 sobre unhamostra tomada o día 21 de decembro pasado. O informe final confirma que a auga da Fonte de Vilachán é apta para o consumo humano.

powered by social2s

A Deputación da Coruña financia con 421.571,84 euros, a través do Plan de Acción Social (PAS), diferentes obras de humanización de espazos públicos e mellora de infraestruturas no concello de Negreira.

 

As obras inclúen a creación de prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida no local social de Romarís, a colocación dunha marquesiña na parada de autobús en Bugallido, a mellora da seguridade en varias rúas do centro de Negreira, as obras de pavimentación en Maio Pequeno e no lugar de San Tomé, así como o acondicionamento de varias pistas de acceso en Gonte, en Lueiro, en A Barquiña e na parroquia de A Pena.

 

Outras intervencións contempladas no proxecto abarcan a impermeabilización da cuberta da azotea no Centro Sociocultural e, a renovación da instalación eléctrica no CEIP O Coto.

 

Levaranse a cabo tamén traballos de adaptación especial en diversas instalacións na área recreativa de Negreiroa e de fontanería e carpintería na escola infantil de Negreira. A actuación complétase coa formación dunha cuberta  na pista de pádel no Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa.

powered by social2s

Entre tódolos nenos/as participantes na Cabalgada dos Reis Magos efectuouse este martes un sorteo en directo de agasallos en Radio Negreira co seguinte resultado:

 

1) Equipo de son para karaoke – Dylenia Coria Crego

2) Un MP3 – Aroa Pousada Iglesias

3) Lote de libros – Laura Vieites Ferreiro

 

Noraboa ás afortunadas e moitas grazas pola colaboración prestada ás 52 persoas que colaboraron na Cabagalda de Reis 2017 do Concello de Negreira. 

powered by social2s