A Xunta de Goberno Local celebrada con carácter ordinario con data de 6 de outubro de 2016, aprobou os expedientes de contratación dos proxectos: Cuberta de pista de pádel e, o de Melloras da accesibilidade e seguridade vial en instalaciónsmunicipais do Concello de Negreira (pavimentación e aparcamento adaptado no Local Social de Romarís; pasos sobreelevados e accesibilidade de minusválidos en vías urbanas do núcleo de Negreira, e pavimentación do viario e colocación de marquesiña do núcleo rural de Bugallido), ambos proxectosincluídos no Plan de Acción Social (PAS 2015 de carácter social).

 

 

Mediante a publicación desteacordofíxase o prazo de 8 días naturais contados a partir do venresdía 21 de outubro de 2016 para a presentación de propostas. Poderánobterse copias do proxecto técnico e dos anexos óPrego, na Secretaría do Concello de Negreira (rúa do Carme, 3).

powered by social2s

A trixésimo sétima edición da Carreira Popular de Negreira conta xa con máis dun cento de participantes inscritos nas súas cinco probas a disputarse o domingo 13 de novembro. Para os corredores da proba absoluta de 10.000 metros segue o prezo reducido de inscrición ata o vindeiro día 31 de outubro con seis euros. Do 1 ao 10 de novembro que é cando se precha a mesma, o prezo será de 9 euros. 

 

Para o resto de probas dende a Infantil, Cadete e Xuvenil ata Chupetes, a inscrición é de balde, e pódese rexistrar a través da web concellodenegreira.gal.  

 

Entre os servizos dos que disporán os atletas da carreira absoluta destacan os caixóns de saída por marcas (dorsais por cores), tres globos de lebres (40´-45´-50´), ademáis de servizo de cronometraxe por chip, bolsa do corredor que inclúe camiseta técnica, bebida, barrita enerxética e batido, así como servizo de gardaroupa, de duchas e fisioterapia, xunto con tres avituallamentos, dous líquidos nos quilómetros 5 e 8 e sólido e líquido na liña de meta. 

 

Deixámosvos o mapa compreto da XXXVII Carreira Popular elaborado pola organización e onde se recollen os quilómetros e puntos de avituallamento, lugares de recollida de dorsais e percorrido ao circuito de 5 quilómetros ó cal haberá que cubrir en dúas voltas.

 

Mapa do percorrido

powered by social2s

O Concello vén de compretar a mellora da eficiencia enerxética no alumado público de toda a rúa Rosalía de Castro e maila primeira parte de Teresa Fabeiro mediante un proxecto cun investimento de 70.000 euros, cuxa meirande parte dos fondos son financiados con cargo ás axudas que concede o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Industria.

 

Os traballos consistiron no cambio das antigas luminarias de ferro fundido por uns novos soportes a maior altura e que trasladan a iluminación sobre a propia rúa e beirarrúas, limitando a contaminación lumínica e, mellorando a luz, co conseguinte aforro enerxético para as arcas municipais.

 

A execución do proxecto foi contratada á empresa Técnicas Enerxéticas Integrales Galicia S.L.

powered by social2s

O Concello está a executar as obras de ampliación e mellora do servizo de cantina no campo de fútbol municipal de Cepelo, trala demanda da Sección de fútbol base da Sociedade Deportiva Negreira para aumentar a zona cuberta onde resgardarse do mal tempo, á vez que gaña a cantina en espazo habilitado para colocar mesas e cadeiras. 

 

powered by social2s

Comunicamos que a Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao noso concello, o martes día 8 de novembro, quedando instalada no Campo da Feira, en horario de 9:00 a 13:30 horas da mañá.

 

Para solicitar cita previa:

- Por teléfono: 902 30 90 00

- A través da web: http://www.sycitv.com/gl/ (apartado de cita previa)

powered by social2s