A entrada ó Centro Sociocultural alberga dende este xoves 16 e até o día 31 de marzo, a 15ª Exposición fotográfica Can de palleiro, promovida dende o Club Can de Palleiro, raza autóctona galega, e baixo o lema: Pon un can de palleiro na túa vida!. A inauguración será este xoves día 16 de marzo ás 20.00 horas.
A maiores da mostra fotográfica, o xoves día 23 pola mañá desenvolverase no Auditorio, unha charla para nenas/os do CEIP O Coto sobre a responsabilidade que conleva o ter unha mascota.
Orixes da raza
Seguindo os programas impulsados pola Unión Europea para poñer en valor a biodiversidade das diferentes agrupacións raciais dos animais domésticos, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Dirección Xeral da Produción Agropecuaria) decidiu facer unha prospección para determinar a realidade da situación étnica nativa da especie canina en Galicia, posto que se tiña constancia visual e por referencias orais así como tamén escritas, da existencia de catro tipos de cans (un de pastor e tres de caza).
Ademais dos sondeos e as actuacións iniciais para pulsar a realidade existente, coa procura e localización dos primeiros exemplares, planificouse a extensión de devandita procura ás catro provincias galegas, coa colaboración dos veterinarios que realizaban as campañas de saneamento gandeiro, durante o desenvolvemento do seu traballo cotián a todo o longo do agro galego, recollendo as observacións sobre a presenza de posibles exemplares de can mediante a cumplimentación duns modelos de Fichas de Campo confeccionadas ad hoc, para cada posible animal que se asemellase ás características morfolóxicas das agrupacións raciales xa detectadas anteriormente, feito que contribuíu a complementar a procura inicialmente empezada e a detección en localizacións moi repartidas e extensas a todo o longo da xeografía de Galicia.
Do filtrado inicial realizado, tralo estudo de ditas fichas, realizouse unha segunda visita en todos aqueles animais que aparentemente encaixaban no modelo de procura, agora xa cunha observación máis pormenorizada e minuciosa, incluíndo apúntalas e medicións zoométricas preceptivas de xeito moi detallado e exhaustiva, ademais do fotografado, para aqueles exemplares que se axustaban ao prototipo buscado.
Máis info: http://www.clubcandepalleiro.com/es/
Os alcaldes de Negreira e A Baña analizaron co presidente da Deputación os servizos de recollida de lixo e alumeado público que xestionan conxuntamente. Valentín González Formoso, recibiu hoxe no su despacho da institución provincial aos alcaldes de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e A Baña, Andrés García Cardeso, municipios que integran a Mancomunidade de Concellos do Tambre. Á reunión asistiu tamén o deputado responsable da área de Economía e Facenda, Antonio Leira.
Jorge Tuñas e Andrés García Cardeso explicaron o funcionamento da entidade supramunicipal, creada en 1990 e que xestiona actualmente os servizos de recollida de lixo e mantemento do alumeado público de ambos os dous concellos, que suman máis de 11.000 habitantes, e analizaron co presidente provincial outros problemas aos que se enfrontan os municipios do rural como a xestión dos servizos sociais en lugares con elevado envellecemento e dispersión xeográfica da poboación, ou o transporte comarcal.
Os rexedores solicitaron a colaboración da institución provincial para a adquisición dun novo vehículo con volquete, grúa e cesta articulada para destinalo a labores de mantemento do alumeado público, xa que a furgoneta que actualmente realiza estas labores ten case vinte anos de antigüedade. O investimento, segundo as estimacións realizadas polos alcaldes, sería de arredor de 60.000 euros.
Valentín González Formoso comprometeuse a estudar esta petición, que podería encaixarse a través do plan de apoio a mancomunidades e consorcios de concellos que prepara a institución provincial.
O Concello de Negreira vén de formalizar a contratación do proxecto de Mellora de accesibilidade en instalacións municipais e conservación de instalacións culturais, incluido no Plan de Acción Social (PAS 2015), cun importe total de adxudicación de 48.207 euros, dos que 24.419 correspóndese con IVE.
Este proxecto consiste na execución das seguintes melloras: Aseos adaptados na Escola Infantil Municipal; aseos adaptados e cuberto na área de Negreiroa; mantemento e impermeabilización das azoteas do Centro Sociocultural, e mantemento das instalacións eléctricas e seguridade do Colexio de Negreira.
Estes traballos foron adxudicados á empresa Cys Hispania S.L.
Asemesmo, e tamén dentro do Plan de Acción Social (PAS 2015), foi formalizado o contrato para o proxecto da cuberta de pista de pádel, no Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, cuxas obras por un monto de 56.265 euros foron adxudicadas á firma Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.
Os habitantes de Negreira xa dispoñen dunha segunda pista de pádel, perfectamente equipada e con iluminación nocturna, no Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, cuxa inauguración levouse a cabo este pasado sábado cunha demostración desta modalidade deportiva, a cargo do alumnado da Escola Municipal de Pádel.
A segunda cancha para a práctica do pádel foi construida a carón da primeira e as pistas de tenis, grazas a unha achega de 12.000 euros da Deputación de A Coruña. Próximamente, tamén se vai a dotar dunha cuberta á primeira pista aberta no ano 2015 e cuxo investimento é de 56.265 euros, incluidos no Plan de Acción Social (PAS 2015).
No acto inaugural participaron o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, o concelleiro de Deporte e Xuventude, José Daniel Casal Leis, e mailo concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Ángel Leis Míguez, xunto co adestrador da escola de pádel, Manuel Villar.
A nova cancha de pádel xa está dispoñíbel para a cidadanía que pode facer uso da mesma, mediante unha solicitude na Delegación de Cultura e Deportes, en horario de mañá.
O Concello de Negreira fixo entrega hoxe da distinción do I Premio 8 de Marzo, á Fundación María Esperanza Rubido Romero, representada por Filomena Casal Gómez, presidenta do seu padroado, facéndolle entrega de tal distinción o alcalde de Negreira, Jorge Jesús Tuñas Caamaño, co gallo do Día Internacional da Muller.
Este acto desenvolvido no Auditorio do Centro Sociocultural foi presentado por Carme Pereiro, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira, contandou coa participación de alumnado e profesorado do CEIP O Coto e mailo IES Xulián Magariños. As alumnas de sexto de primaria do CEIP O Coto deron lectura ao texto titulado: A miña muller non traballa. Tratouse de Paula Bouzón Vieito, Uxía Míguez Quintela e Collin Zieckman Romar. Polo IES Xulián Magariños fixérono: Alba Espasandín Vázquez, Iria Freire Agra e Leticia Cunqueiro García.
O acto contou coas intervencións de Rosa Fuentes Cambeiro, directora do Centro de Información á Muller; Mar García Vidal, concelleira de Emprego, Muller, Agricultura e Medio Ambiente; José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello de A Baña, e de Jorge Jesús Tuñas Caamaño, alcalde do Concello de Negreira.
Trala entrega da distinción do I Premio 8 de Marzo, interviu Filomena Casal Gómez, para a continuación darse lectura a un poema de Rosalía de Castro, a cargo de tres usuarias da Fundación para a Protección das Persoas con Discapacidad Psíquica Comarca de Barcala, como son Teresa Lineira, Cristina Cid e Susana Antelo.
O peche do acto correu a cargo da actuación da agrupación Cantareiras de Negreira.
Co gallo do Día Internacional da Muller, tivo lugar un coloquio posterior en Radio Negreira (107.0 FM), coa participación de Filomena Casal, Rosa Fuentes, Natalia Suárez e mailos alcaldes de Negreira e de A Baña, facéndose especial fincapé na necesidade de concienciar e educar aos máis novos na igualdade de homes e mulleres.
Páxina 217 de 257