Ildara e Aya.jpgTres karatekas da Escola de Kárate Akai Ryu, de Negreira, veñen de ser convocados coa Selección Galega, para participar no Campionato de España Infantil que se celebrará os vindeiros días 1 e 2 de abril, na cidade de Córdoba.

 

Os tres xóvenes negreireses, actuais campións galegos nas súas respectivas categorías, participarán no Nacional logo de gañarse a súa praza tras unha dura preselección celebrada esta pasada fin de semana en Santiago de Compostela.

 

David Rico Balea, participará por primeira vez na modalidade de Kata Benxamín masculino. Aya Fathallah, estréase igualmente nunha convocatoria coa Selección Galega, en Kumite Xuvenil -50 quilos. E Ildara García, volve a estar convocada un ano máis en Kumite Infantil -40 quilos. 

 David Rico.jpg

 

Ronsel Osorio e Lle Zhou, que pese a ser campiona e subcampiona galega, respetivamente, non acadaron unha praza co combinado galego.

 

Ata Córdoba desprazarse tamén a súa técnica, Ainhoa Rodríguez, para participar como «coach» da Federación Galega de Kárate, logo de examinarse o pasado día 10 de marzo no curso de Acreditación Coach da Real Federación Española de Kárate e Deportes Adaptados, celebrado en Albacete, tal e como acredita o diploma  expedido polo Conselo Superior de Deportes, a través da Escola Nacional de Adestradores.

 

Os nosos parabéns para a familia Akai Ryu, quenes unha vez máis levan o nome de Negreira por España adiante.

powered by social2s

Cadaveira.jpgO catedrático de Psicobioloxía do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Fernando Cadaveira Mahía, coordinador do grupo de investigación de Neurociencia Cognitiva e Afectiva, vai selo encargado de  impartir este mércores en Negreira unha charla baixo o título: Consumo intensivo de alcohol nos xóvenes. Unha reflexión necesaria.

 

Esta charla está promovida dende a ANPA A Barcalesa, do IES Xulián Magariños, coa colaboración do Concello de Negreira, sendo dirixida fundamentalmente a tódalas familias preocupadas polo consumo de alcohol e as consecuencias negativas para os seus fillos e fillas, á vez que tamén vai dirixida a profesores, educadores, ou adestradores e monitores deportivos.

 

A charla e o posterior coloquio entre os asistentes co relator da mesma, ten lugar este mércores 22 de marzo, a partir das 20:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura, con acceso a través da Carreira de San Mauro, número 11.

 

Cartaz.jpg

 

Debido ao interese que esperta a problemática do alto consumo de alcohol entre a mocidade, prégase a asistencia das familias, así como pola  presenza do recoñecido catedrático de Psicobioloxía da USC, Fernando Cadaveira Mahía.  

 

Prema aquí para ver unha información relacionada. 

powered by social2s

O departamento municipal de Servizos Sociais informa da apertura do prazo para solicitar a participación na convocatoria de 600 prazas para estadías e tratamentos termais dentro do programa de Benestar en Balnearios 2017, segundo publicou o Diario Oficial de Galicia número nº 53 do 16/3/2017. En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de 3 destinos por orde de prioridade.

Folleto informativo

Quendas e establecementos termais que se relacionan no anexo IV

 

Persoas beneficiarias

 

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

a.      Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b.      Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c.       Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as  que acudan en calidade de acompañantes.

d.      Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

e.      Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

f.       Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Acompañantes

A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

1.      O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) 

2.      Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos agás o da letra a).

3.      Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Duración e servizos ofertados

As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de abril e o de decembro de 2017

Servizos:

a.      Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.

b.      Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:

 - Recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.

 - Tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.

 - Seguimento médico do tratamento.

c.       Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.

d.      Póliza colectiva de seguro turístico.

O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal así coma o de regreso será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o balneario, se for o caso.

As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en cuarto individual, no caso de que houber dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarse á quenda.

A participación nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal ou hoteleiro deberano facer as persoas beneficiarias polos seus propios medios e ao seu cargo.

Prezo

O prezo que pagarán as persoas beneficiarias, por praza e quenda para cada balneario, é o que figura no anexo IV.

Documentación

Solicitude anexo I e os anexos II e III  |  Presentación electrónica na sede

a.      Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

b.      Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.

c.       Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, de non ser expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.

d.      Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

Para a tramitación consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas sinalados no art.8.

Prazo presentación de solicitudes

Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 17 de abril de 2017.

Lugar de presentación

·       Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

 

·      Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do  procedemento administrativo común.

 

Máis información Servizos Sociais do Concello de Negreira.

powered by social2s

apego 21 03 17 1.jpgO alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, asistiu á sinatura da addenda ao programa Apego, no concello de Nigrán, e que incorpora a sete novas entidades municipais. Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Cee, Lugo, O Carballiño, Ponteareas, Sada, Vilagarcía de Arousa e Nigrán súmanse aos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Carnota, Ferrol, Mazaricos, Moaña, Muros, Narón, Negreira, Oleiros, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Vigo e Vimianzo como referentes nos que a veciñanza pode informarse e sumarse. Tamén pode contactar co proxecto a través da súa presenza na Internet: www.apego.gal e www.facebook.com/apego.gal

 

Despois do segundo ano de vida deste proxecto dirixido a poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos e nenas e a facilitala con apoio, información, recursos, programación de actividades etc., súmanse 7 aos 23 concellos que xa formaban parte do proxecto.

 

apego 21 03 17 2.jpg

 

O acto estivo conducido por dúas representantes do persoal técnico dos servizos de normalización, que explicaron que é o Apego e a quen se dirixe. Foi presidido polo alcalde de Nigrán, Juan González, que quixo acoller e celebrar o inicio desta colaboración cun concerto de música infantil, Letras e notas protagonizado por Magín Blanco como mostra das actividades que se desenvolven no proxecto para darlles ás familias recursos para activar a lingua.

 

O alcalde de Negreira fixo fincapé na necesidade dun proxecto coma este que valore positivamente a lingua e a súa transmisión, tendo en conta a situación xeral pola que pasa o galego, incluso nos territorios onde a realidade é aparentemente máis favorable. E, de maneira especial, animou ás nais e pais a que se sumen ao Apego e participen nas accións e nas redes que reforzan a socialización en galego das súas fillas e fillos.

powered by social2s

Este venres ten lugar a terceira xornada do I Ciclo de documentais Val de Barcala, promovido dende a Asociación Cultural Afonso Eanes, coa proxección de Fíos Fóra, así como e un posterior coloquio coas súas realizadoras: Sabela Iglesias e Adriana P. Viilanueva. A cita, a partir das 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, cunha duración de 90 minutos, a proxección documental.

 

Trátase dunha peza audiovisual onde as protagonistas son as traballadoras galegas do sector téxtil. Con elas poden sentirse identificadas moitas mulleres barcalesas que traballaron e traballan nos diversos talleres de produción industrial de roupa que continúan en activo na nosa comarca.

 

Trátase dunha actividade de balde, aínda que existe a posibilidade de entrada solidaria: recolleranse alimentos non perecedoiros que serán doados ós Servizos Sociais do Concello de Negreira.

 

Sipnose: Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector textil dende os anos 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un  novelo do sector textil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

 

Dirección: Illa Bufarda

Guión e producción: Illa Bufarda

Producción executiva: Amarante Setem

Son directo: Carlos Sarille

Música: Mónica de Nut e Martin Messier

Moderador de entrevistas: Marcos Doespíritosanto Gallego

Maquetación e deseño gráfico: Illa Bufarda

Data de estrea: 2015

Idioma orixinal: Galego – español

Subtítulos: Español e Inglés

Páxina web: http://www.fiosfora.gal/

Tráiler: https://vimeo.com/141775565

powered by social2s