maiores110417.jpgO Concello de Negreira abre o prazo para a retirar os convites de cara a asistir, á vixésima segunda edición do Encontro dos maiores, a celebrarse o sábado día 6 de maio, baixo unha gran carpa no Campo da Feira, e que inclúe unha misa na Capela do Cotón, seguida dun concerto e, do xantar popular de tódolos participantes, así como da animación musical ao longo da tarde.

 

Para asistir hai de prazo até o día 28 de abril para retirálos convites nas dependencias de Servizos Sociais, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá. É requisito imprescindible ter cumpridos os 60 anos de idade e estar empadroados/as no Concello de Negreira, así como ir acompañados do seu DNI para a retirada dos mesmos.

 

Como tódolos anos, haberá un servizo de autobuses que pasarán por tódalas parroquias do concello para trasladar aos participantes ata a festa, así como de regreso unha vez remate a xornada.

powered by social2s

gim 1.jpgO Pavillón de Pedra Mámoa acolleu o pasado sábado a gran festa anual da ximnasia rítmica na capital do Val de Barcala, cunha participación histórica de 200 nenas pola mañá na IV Gala, e de preto de 400 ximnastas na competición de tarde, no II Torneo Vila de Negreira.

 

Na mañá levouse a cabo a exhibición das ximnastas máis novas, entre elas, unha ampla representación da Escola Municipal de Negreira, acompañadas polos clubs de Oroso, Compostela, Squash e mailo colexio Os Tilos, de Teo, cun pavillón ateigado de público.

 

Á tarde, foi a quenda para a competición. Preto dunha trintena de clubs de toda Galicia déronse cita en Negreira. E pese ao gran nivel, a Escola Municipal tivo un papel destacadoacadando o terceiro posto en categoría Infantil/Cadete Escolar por conxuntos, e tamén un primeiro e terceiro posto, respeitivamente, en categoría Alevín individual, a cargo de Xiana García e de Lidia García.

 gim 2.jpg

 

O torneo que rematou ben entrada a noite do sábado, contou coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, acompañado polo deputado responsábel de Economía e Facenda na Deputación da Coruña, Antonio Leira, e mailo concelleiro de Obras e Servizos do goberno local, Manuel Ángel Leis Míguez, quenes foron os encargados de entregalas medaias e agasallos.

powered by social2s

vestiarios 2.jpgO Concello de Negreira fixo hoxe entrega da execución das obras para dotar ao pavillón do CEIP O Coto duns vestiarios e aseos, grazas a unha achega económica da Consellería de Política Social por un importe de 45.284 euros, aínda que o investimento total na actuación ascende a 60.379 euros, xa que a diferenza entre as dúas cantidades (15.000 euros) correspóndese coa parte que sufragou o Concello.

 

Con esta actuación, cóbrese unha demanda da comunidade educativa que estaba enriba da mesa do goberno municipal. Foi o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e mailo concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Ángel Leis Míguez, quenes fixeron entrega das chaves á directora do colexio, Amparo Mera.

 

vestiarios 1.jpg

 

O Concello fará uso das instalacións para o desenvolvemento de actividades das súas Escolas Deportivas Municipais e outros eventos. 

powered by social2s

padel 1.jpgO Concello de Negreira vén de rematar os dous proxectos para compretar as instalacións do Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa. Trala posta en funcionamento da segunda pista de pádel, vén de estrearse a cuberta da primeira cancha.

 padel 2.jpg 

 Cun orzamento de 56.265 euros incluídos no Plan de Acción Social (PAS 2015), financiado pola Deputación da Coruña, instalouse a cuberta na primeira das dúas canchas habilitadas para a práctica de pádel, o que lle confire un maior uso a esta instalación coa que se compretan as melloras efectuadas no último ano no devandito comprexo de carácter municipal. 

powered by social2s

Frankenstein_04155.jpgA tarde do 24 de xullo de 2013, en vésperas do día grande de Galicia, o tren Alvia 04155 descarrilaba á entrada de Santiago de Compostela cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha única causa... Qué hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?

 

Frankenstein-04155 é unha longametraxe-documental,  impulsado pola Plataforma de Vítimas do tren Alvia 04155, coa producción de Boneca Lareta, e que tivo a súa estrea ao grande, como merece, nun dos festivais de cine máis prestixiosos e lonxevos de Europa, a Semana Internacional de Cine de Valladolid SEMINCI 2015 onde obtivo unha mención especial do xurado. Logo, tamén obtería o premio especial do público en CINEUROPA.

 

Trátase do penúltimo documental dentro do I Ciclo de Documentais Val de Barcala, organizado pola Asociación Cultural Afonso Eanes, e que poderemos ver este venres no Auditorio de Negreira. Tamén haberá, un coloquio posterior co seu realizador, Aitor Rei.

 

Aínda sendo unha actividade de balde, existe a opción da entrada solidaria: recolleranse alimentos non perecedoiros que logo serán doados ós Servizos Sociais Comunitarios de Negreira.

 

Data: Venres 7 de abril

Hora: 21:00

Lugar: Auditorio do Centro Sociocultural

Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=XtTVF0T8ErU

powered by social2s