fotos230517.jpgTanto a Presidencia do Goberno de España coma a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), convidan hoxe  a gardar un minuto de silencio, ás 12.00 horas, ás portas de tódalas Dependencias Oficiais, en manifestación de duelo polo atentado ocorrido en Manchester na noite de onte, e como mostra da repulsa dos españois á violencia de calquera clase.

 

A violencia contra os cidadáns non ten xamais unha xustificación, e moito menos cando se trata de persoas tan novas. Na nosa sociedade non teñen cabida estes actos nin ningún outro que conleve manifestacións violentas, actos execrables e condenables contra os que debemos loitar, tamén desde os Gobernos Locais, porque atentan directamente contra a nosa xente, contra o corazón das nosas cidades e os nosos pobos, segundo o comunicado remitido ao Concello de Negreira pola Federación Española de Municipios e Provincias.

powered by social2s

Portada.JPGO duodécimo certame de pintura ¨Negreira en cor¨, promovido polo Concello de Negreira, e co patrocinio da Fundación Feiraco, foron entregados este venres durante o acto de clausura das actividades da Escola de Pintura e Gravado, en que entregáronse os diplomas aos preto de setenta participantes. Neste acto participaron a primeira tenente de alcalde, María Jesús Veiga Hortas e mailo concelleiro, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Na modalidade de 13 a 18 anos do Certame de pintura ¨Negreira en cor¨, o xurado elixiu as seguintes obras:

 

1º) A mirada da guerra, de Pedro Gronzo Aniceto (Brión). Agasallo dunha consola 3DS.

2º) Tiroriro, de Julián Rey Temes (Negreira). Agasallo dun equipo de son.

3º) A dama, de Rosalía Rey Couso (Santiago). Agasallo dun MP5.

 

premiados200517.JPG

 

Na modalidade de 6 a 12 anos do Certame de pintura ¨Negreira en cor¨, o xurado elixiu as seguintes obras:

1º) 3 peixes de estanque, de Laura Rodríguez Capeáns (Negreira). Agasallo dunha consola 3DS.

2º) Pavo real, de Andrea Rial Canosa (Ponte do Porto). Agasallo dun equipo de son.

3º) O gato arcoíris, de Lidia García Cerviño (Negreira). Agasallo dun MP5.

 

premiados200517 2.JPG

powered by social2s

foto3-180517.jpgA Banda Ateneo de Negreira e maila Escola de pandeireta e baile do Obradoiro de Cultural Tradicional Ultreia, de Compostela, presentan un espectáculo conxunto este domingo 21 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio de Negreira, conmemorando a semana das Letras Galegas promovida polo Concello de Negreira.

 

A irmandade entre as dúas agrupacións pretende reivindicar a riqueza da música tradicional galega, así como a pervivencia da nosa lírica popular a través dos cantos e cantigas. O repertorio escollido inclúe tanto pezas de composición coma pezas de recollidas polo Obradoiro de Cultural Tradicional Ultreia, nas zonas de Avión, Mangüeiro, Cervantes ou Gargamala, entre os anos 1990-2000.

 

foto1-180517.jpg

 

As pezas foron arranxadas para a banda por Raúl Martín Niñerola, director da Banda Ateneo. Alén das pandereteiras da escola de Ultreia interpretaren vocalmente os cantos, xotas e muñeiras destas zonas, os bailadores ilustrarán ao público asistente coa execución dalgúns dos bailes máis representativos.

 

foto2-180517.jpg

powered by social2s

catastro190517.jpgO Concello de Negreira decidiu ampliar unha semana máis, os servizos de atención á veciñanza no Punto de información catastral instalado na Casa da Cultura (Aula de informática). Os días en que prestarase atención ó público van selos seguintes: Martes 23; xoves 25 e venres 26 de maio, de 9 a 14 horas, e de 16 a 18 horas.

powered by social2s

redecultural.jpgO alcalde do Concello de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, asinou este luns na sé da Deputación da Coruña, o convenio para o financiamento da Rede Cultural 2017 que comprende 16 actuacións no presente ano no noso concello, e un orzamento total de 48.697 euros, dos que 29.218 euros son aportados pola Deputación da Coruña.

 

No acto participaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, e maila vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín.

 

Case tres millóns de euros move este ano a Rede Cultural, dos que 2.261.234 irán destinados á programación dos concellos da provincia.  A esta cantidade aínda haberá que sumar o que a Deputación destina ás solicitudes das entidades sen ánimo de lucro, que ascenderá a 457.724 euros.

 

Valentín González Formoso salientou que por primeira vez aceptáronse tódalas solicitudes presentadas polos concellos da provincia.

powered by social2s