O Concello de Negreira informa que co gallo da celebración este sábado 24 de xuño, da V Volta Ciclista ¨Concello de Negreira¨, entrre as 16:00 e as 21:00 horas, permanecerán cortadas ao tráfico as seguintes rúas:

Avenida das Brañas; Real Club Deportivo da Coruña; Xosé M. López Ardeiro; Castelao; Teresa Fabeiro Caamaño; rúa do Tambre e Camiño Vello (só un carril na confluencia coa avenida das Brañas).

Polo tanto, e para que o citado evento deportivo se desenvolva con normalidade e a máxima seguridade, solicítase a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos particulares durante o desenvolvemento da proba.

Dende a Alcaldía de Negreira pregan desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

powered by social2s

 

O Concello de Negreira fai saber, que co gallo da celebración este sábado 17 de xuño, do II Triatlón Solidario ¨Concello de Negreira¨, entre as 16.00 e as 19:00 horas, permanecerán totalmente cortadas ao tráfico as seguintes rúas e accesos á vila:

 

Estrada provincial Urdilde-Negreira, dende Ponte Insúa; Abeanca; rúa Malecón (Campo da feira); Vilachán de Abaixo; Vilachán de Arriba; avenida de Vilachán; avenida de Barcala; Camiño Vello; avenida de Santiago; Arieira; A Barquiña (estrada autonómica AC-447); subida ata A Chancela (dende A Barquiña); e dende Fontán até a Abeanca, así como toda a Carreira de San Mauro; rúa do Carme; rúa da Cachurra e toda a Praza do Concello.

 

Para que o evento poida desenvolverse con normalidade e a máxima seguridade dos participantes, o Concello de Negreira prega a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante o desenvolvemento da proba.

powered by social2s

escudos130617.jpgNegreira acollerá este sábado 17 de xuño, os actos de irmandamento coas localidades portuguesas de Marihna Grande e Serzedo, correspondéndolle ó Concello de Negreira selo organizador neste 2017.

 

A xornada comezará coa recepción aos participantes por parte da Corporación Municipal, ás 10:30 horas, na Casa do Concello, seguido do acto oficial no Auditorio do Centro Sociocultural. E dende as 12:00 vaise desenvolver no Campo Jesús García Calvo, o Torneo Ibérico de Veteranos, cun triangular entre os equipos do Marinha Grande, o Serzedo e mailos Superveteranos do Negreira.

 

A partir das tres da tarde desenvolverase un xantar de confraternidade, baixo unha carpa instalada na Área recreativa de Cobas, a carón do río Barcala, e que incluirá actuacións musicais e de baile, a partir das seis da tarde. 

powered by social2s

concello140617.jpgDebido á entrada en vigor do horario de verán, dende este xoves 15 de xuño, as dependencias municipais da Casa do Concello axustaranse ao horario de verán, de 8:00 a 14:00 horas, de luns a venres, inclusive o día 15 de setembro.

 

Infórmase que o horario de atención ó público nas dependencias municipais da Casa do Concello é o establecido entre as 8:00 e as 14:00 horas, entre o 15 de xuño e mailo 15 de setembro de 2017.

powered by social2s

muiñeira07 portada.jpgNegreira celebrou o 25 aniversario do seu Día da Muiñeira por todo o alto, cunha ducia de agrupacións folclóricas participantes chegadas de toda a provincia, en total preto dos 300 participantes. Tralo desfile polas principais rúas da vila, ás seis da tarde facían a súa entrada nunha praza do Concello onde cotizouse a sombra, polo forte calor da xornada.

 

Bailouse tres veces a muiñeira Redonda, alternándose coas actuacións do grupo de baile Veiga do Cotón, e do Obradoiro de danza tradicional de Negreira, xunto coas pandereteiras da Escola Municipal, no que foi a clausura da tempada de devanditas escolas municipais, de baile, dirixida por Manuel Figueira, e de pandeireta, por Sonia Nieto.

 

muiñeira07 interior.jpg

 

Rematouse coa entrega de agasallos ás asociacións participantes:

Asociación Cultural e Folclórica Terra de Ames

Asociación Cultural Terra de Sena, de Cee

Escola Municipal de Baile de Brión

Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Padrón

Asociación Cultural O Hórreo, de Mazaricos

Asociación Xuvenil Xilbarbeira, de Boiro

Asociación Nosa Señora do Carme, de Fisterra

Escola Municipal de Baile Tradicional de Betanzos

Asociación Folclórica Xirandaina, de Santiago

Escola de Danza Breogán, da Asociación Cultural de Brens, de Cee.

 

muiñeira07 interior 2.JPG

 

Concurso Folclórico

 

Finalmente, celebrouse o concurso folclórico onde o primeiro premio foi para o grupo de Xilbarbeira (400 euros e trofeo), con Punteada de Limiñoa; seguido do grupo de Xirandaina, bailando Entroido de Arcos (250 e trofeo), e en terceiro lugar, o grupo Fouliada de Mazaricos, con Xota de San Román, con premio de cen euros e trofeo, e que lles foron entregados polas concelleiras de Cultura, Flora Grille Novío, e de Educación, María Jesús Veiga Hortas, respectivamente.

 

muiñeira concurso.JPG

powered by social2s