O Concello pon en marcha un novo servizo para informar aos veciños que o precisen a través dunha canle de 𝗪𝗵𝗮𝘁𝘀𝗔𝗽𝗽 que leva o nome de “Negreira ao Día”.
A intención é a de comunicar as actuacións e obras no concello, a axenda cultural, os avisos urxentes ou as actividades municipais.
Para sumarse a esta canle de WhatsApp primeiro é preciso agregar o número 609 704 109 aos contactos, e logo enviar unha mensaxe dende a propia aplicación a ese número coa palabra 𝗔𝗟𝗧𝗔.
Dende ese mesmo momento xa se poderán recibir comunicación en disposivos compatibles con WhatsApp.
As normas de uso poden consultarse no seguinte documento anexo.
A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o luns día 7 de agosto, a partir das 12 do mediodía, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:
PRIMEIRO.- Dar conta da constitución de Grupo Político Municipal.
SEGUNDO.- Dar conta da resolución de Alcaldía sobre o nomeamento de Tenente de Alcalde e membro da Xunta de Goberno Local, nomeamento de Concelleiro-delegado e periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local.
TERCEIRO.- Creación e composición das Comisións Informativas Permanentes.
CUARTO.- Designación de representantes da Corporación en órganos colexiados.
QUINTO.- Periodicidade das sesións ordinarias do Pleno da Corporación.
SEXTO.- Establecemento de réximes de especial dedicación: réxime de dedicación exclusiva para o cargo da Alcaldía e réxime de dedicación parcial para o cargo da Concellería delegada de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.
SÉTIMO.- Réxime de indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e dotacións económicas a Grupos Políticos.
A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o luns día 17 de xullo, a partir das 20:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:
- Primeiro.- Toma de posesión do Concelleiro electo don José Antonio Villar Caamaño.
- Segundo.- Dar conta da constitución dos Grupos Políticos Municipais.
- Terceiro.- Creación e composición das Comisións Informativas Permanentes e designación de representantes da Corporación en órganos colexiados.
- Cuarto.- Dar conta das resolucións de Alcaldía sobre o nomeamento de Tenentes de Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local, delegacións e creación da Concellerías de Área.
- Quinto.- Establecemento de réximes de especial dedicación: réxime de dedicación exclusiva para o cargo da Alcaldía e réxime de dedicación parcial para o cargo da Concellería delegada de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.
Ata o venres 28 de xullo está aberto o prazo de inscrición para os programas de conciliación que ofrece durante todo o c urso educativo, o Concello de Negreira. Tanto o programa Madrugadores coma o Merendas, dirixida á rapazada cuxos pais e nais estean traballando e non teñan con quen deixálos.
As inscricións deben formalizarse no Centro de Información á Muller (C.I.M.), na planta baixa da Casa do Concello (en horario de mañá, de luns a venres). Máis información no número de teléfono: 981 886 320.
Documentación que se precisa para o programa Madrugadores e Merendas 2023-2024:
- Modelo normalizado de ficha de inscrición
- DNI dos responsables do menor
- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos
- Tarxeta sanitaria do/a menor
- Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa
- Xustificante bancario de ingreso do prezo público
- Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).
-Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).
Datos adxuntos:
O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome da Corporación Municipal do Concello de Negreira, quere expresar as máis profundas condolencias e o fondo pesar polo triste pasamento de José Baña Blanco, veciño da parroquia de Alvite e quen fora concelleiro da Corporación formando parte do goberno local presidido por José Manuel López Tuñas, entre os anos 1987 e 1995, así como de 1995 a 1999 sendo concelleiro do PSOE na oposición.
O Concello de Negreira comunica que gardará un minuto de silencio na súa memoria, na vindeira sesión plenaria da Corporación, ao tempo que quere mostrar o seu pésame a familiares e achegados, por tan triste perda dunha persoa moi vencellada con Negreira, tanto na vida municipal como a través da súa forte vinculación co activismo agrario a través do sindicato Unións Agrarias de Galicia.
Páxina 3 de 248